Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/10/2020

Convocatoria aberta para unirse ao Pool of European Youth Researchers

5140F_1602244433_fotopeyr.jpg
  • A Comisión Europea e o Consello de Europa van renovar o seu equipo de investigadores/as no ámbito da xuventude, para o que abren unha convocatoria dirixida a investigadores/as nesta área
  • Dende 2010, este equipo asesora a ambas institucións e aos seus Estados asociados no coñecemento e comprensión da xente nova en Europa, co obxectivo de apoiar o desenvolvemento de políticas de xuventude baseadas no coñecemento

Santiago, 9 de outubro de 2020. O vindeiro 14 de outubro remata o prazo para poder presentarse á convocatoria do Pool of European Youth Researchers (PEYR), unha iniciativa coa que se pretende contribuír na mellora do coñecemento sobre a mocidade de Europa, a política europea e boas prácticas a través da investigación, asesoramento, análises e perspectivas sobre a xuventude, baixo a coordinación do consorcio.  

Cales serían as túas funcións?
  • Contribuír ao intercambio de información e coñecementos entre as persoas que forman parte do PEYR;
  • Realizar investigacións, análises ou informes de política sobre cuestións de interese para a xuventude europea;
  • Participar en seminarios xunto con profesionais e policy makers así como representar a perspectiva investigadora do PEYR en determinados eventos;
  • Promover a investigación sobre xuventude en toda Europa e participar activamente no establecemento e mantemento das redes de coñecemento;
  • Proporcionar información sobre o plan de traballo e as actividades do consorcio.
A selección farase en función aos seguintes criterios: a) pertinencia da formación profesional, en particular nas áreas prioritarias do consorcio: participación xuvenil, inclusión social da xuventude, dixitalización, política e traballo de xuventude; b) a experiencia e interese en contribuír ao desenvolvemento de políticas e prácticas baseadas no coñecemento; e c) ao alto nivel de coñecemento sobre cuestións relacionadas coa xuventude en Europa así como tamén coas rexións xeográficas nas que traballa o consorcio. 

As persoas interesadas deberán enviar a súa solicitude, incluíndo o formulario, o CV e unha mostra dun escrito recente a youth-partnership@partnership-eu.coe.int, indicando no asunto da mensaxe “Application – PEYR – O teu nome”. 

Consulta no seguinte enlace o texto da convocatoria. 

O prazo de inscrición remata o vindeiro 14 de outubro.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante