Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/06/2020

Webinar FGE sobre oportunidades de emprego e prácticas en Comercio Exterior o próximo 25 de xuño

5020F_1592501455_Webinar_FGE_-_IGAPE.png
Falas inglés? Interésache o comercio exterior? Queres realizar unhas prácticas profesionais no estranxeiro? Participa no webinar sobre oportunidades de emprego e prácticas en Comercio Exterior. Prazo aberto até o mércores 24 de xuño, ás 12.00h (prazas limitadas).

O próximo 25 de xuño ás 16.00 h, a FGE organiza un webinar para mozos galegos que desexen traballar en comercio exterior ou estean interesados nas bolsas de promoción exterior do IGAPE.

O Instituto Galego de Promoción Económica (IGAPE) é a axencia, adscrita á Consellería de Economía, Emprego e Industria, para o desenvolvemento económico de Galicia. O IGAPE convoca 50 prazas para a capacitación de mozos profesionais en materia de internacionalización empresarial mediante formación práctica, coa finalidade de mellorar a empleabilidad e pór a disposición das empresas galegas profesionais que lles axuden a mellorar a súa competitividade.

O obxectivo deste programa é formar especialistas no ámbito da internacionalización empresarial baixo a modalidade de formación práctica no estranxeiro e/ou en Galicia (en oficinas de IGAPE ou Xunta, oficinas comerciais de España no exterior, cámaras de comercio españolas no estranxeiro, organismos multilaterais, organismos intermedios galegos, centros de investigación, empresas e/ou outros organismos en Galicia ou no estranxeiro) para realizar labores de investigación de mercados, estudo de empresas e a súa planificación para internacionalización e investigación das posibilidades de cooperación internacional entre empresas galegas e estranxeiras.

O webinar terá unha duración dunha hora aproximadamente e contará coa participación do IGAPE así como de galegos que gozaron das bolsas de promoción exterior. O IGAPE tamén falará doutros programas para a empleabilidad de galegos en comercio exterior. 

Programa
  • Apertura a cargo da Fundación Galicia Europa
  • Presentación das oportunidades de traballo e prácticas a cargo do IGAPE
  • Experiencias de galegos nas bolsas de promoción exterior

Se queres traballar ou realizar prácticas en internacionalización empresarial, inscríbete aquí e poderás escoitar de primeira man as posibilidades existentes, ademais de expor as túas dúbidas. 

Este webinar enmárcase na iniciativa #Euroxuventude, froito da colaboración entre a FGE e a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para informar os mozos galegos sobre as oportunidades laborais.

Podes ver o webinar íntegro aquí: 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante