Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/05/2020

Prácticas en Frankfurt no Banco Central Europeo

4961F_1590447754_P033742002702-141730.jpg
Banco Central Europeo ofrece oportunidades de prácticas a estudantes de economía, estatísticas financeiras, administración de empresas, dereito, etc. As prácticas teñen unha duración de 3 a 12 meses. Está previsto que os bolseiros se incorporen ás prácticas a partir de setembro de 2020.

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1.070 euros. Ademais dunha asignación para cubrir os gastos de aloxamento.

Requisitos:
  • Ser nacional dun Estado membro da EU ou dun país en vías de adhesión.
  • Ter un título universitario (ou estudos en curso nunha etapa avanzada) en economía, ciencias políticas, estudos europeos, dereito, administración de empresas, finanzas, estatísticas, matemáticas, tecnoloxía da información ou outra disciplina relevante.
  • Ter un bo coñecemento de inglés.
  • Ter un bo coñecemento dun segundo idioma oficial da UE.
  • Ter un máximo de 12 meses de experiencia profesional.
  • Non ser bolseiro ou traballar con anterioridade no Banco Central Europeo.
O prazo para solicitar esta convocatoria finaliza o día 4 de xuño de 2020.

Máis información



Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante