Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/05/2020

Bolsas Shuman: Prácticas na Secretaría do Parlamento Europeo

4956F_1590316161_20191217_EP-097972A_GEN_095_RESIZED_M.JPG
As bolsas Schuman son remuneradas e poden gozarse nun dos lugares oficiais de traballo do Parlamento Europeo (Bruxelas, Luxemburgo e Estrasburgo) ou nas súas oficinas de ligazón nos Estados membros. As prácticas teñen unha duración de 5 meses.  

Unha bolsa Schuman permitirache completar a túa educación e a túa formación profesional. Permitirache coñecer desde dentro o traballo das institucións da Unión Europea e o Parlamento Europeo, foro fundamental para a adopción de decisións e o debate político ao nivel da Unión.

Os períodos de prácticas Schuman poden levar a cabo en multitude de ámbitos, como as políticas interiores e exteriores da Unión, as finanzas, o Dereito, o multilingüismo, a administración, as infraestruturas e a loxística, as comunicacións ou as tecnoloxías da información. 

Requisitos:
  • Ser maior de 18 anos.
  • Posuír a nacionalidade dun Estado membro da Unión Europea ou dun país candidato ou en vías de adhesión (tamén pode ofrecerse un número moi reducido de períodos de prácticas a nacionais doutros países).
  • Posuír un título universitario.
  • Ter un profundo coñecemento dunha das linguas oficiais da UE e moi bo coñecemento doutra delas (os cidadáns de terceiros Estados deberán ter moi bo coñecemento do inglés, do francés ou do alemán).
  • Achegar un certificado de antecedentes penais válido.
  • Non gozar de ningunha bolsa por máis de dous meses consecutivos nunha institución, organismo ou axencia da Unión Europea.
  • Non realizar unha visita de estudos á Secretaría do Parlamento Europeo no seis meses anteriores ao comezo do período de prácticas.
Hai dous períodos de prácticas:
  • 1 de outubro - 28/29 de febreiro: o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 1 e o 30 de xuño.
  • 1 de marzo - 31 de xullo: o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto entre o 1 e o 30 de novembro.
Máis información

Parlamento Europeo

Prácticas no Parlamento Europeo 

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante