Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/05/2020

Prácticas en Praga na Axencia Europea de Navegación por Satélite

4948F_1589759595_P041081-954919.jpg
A Axencia Europea de GNSS (GSA, polas súas siglas en inglés) lanzou un programa de prácticas en Praga para os mozos que desexen coñecer o funcionamento da Axencia e das institucións da EU. As prácticas teñen unha duración de 6 meses e a data de inicio dependerá das necesidades da Axencia e a dispoñibilidade de orzamento.

A GSA é responsable de garantir a correcta defensa e representación dos intereses públicos esenciais en relación cos programas de navegación por satélite da unión: Galileo e o Sistema Europeo de Navegación por Complemento Geoestacionario (EGNOS). O obxectivo de Galileo é ofrecer unha alternativa europea moderna ao consolidado sistema americano GPS.

As prácticas contan cunha dotación mensual de 1.000 euros a tempo completo. Se as prácticas son a tempo parcial, a bolsa será proporcional. Ademais da remuneración, ofrécese o reembolso dos gastos de viaxe desde e até o lugar de orixe.

O programa de prácticas está aberto a solicitantes que non realizasen previamente unha pasantía na GSA e que cumpran cos seguintes requisitos:
  • Nacionalidade de calquera Estado membro da EU ou Noruega.
  • Ter un título de ensino superior recoñecido (ensino universitario ou equivalente), que demostre a finalización dun ciclo completo de estudos ou, no caso dos candidatos que se atopen ao final dos seus estudos, un certificado oficial da súa universidade ou escola no que se indiquen as notas obtidas.
  • Ter experiencia ou coñecementos específicos nunha das esferas de traballo do Organismo.
  • Ter un bo coñecemento de inglés.
  • Ter un bo coñecemento dun segundo idioma oficial da UE.
  • Ter un historial criminal limpo.
O prazo para solicitar esta convocatoria finaliza o día 30 de xuño de 2020.

Máis información

Prácticas na Axencia Europea de GNSS

Listaxe de prácticas

Guía de prácticas e saídas laborais na Unión Europea e Organizacións Internacionais

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante