Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/09/2021

Oportunidades de prácticas na Unión Europea e organismos internacionais

5420F_1632838330_pexels-magnetme-5839458.jpg
  • Os prazos de inscrición para as diferentes bolsas finalizan a finais de outubro
Santiago de Compostela, 28 de setembro de 2021. Desde a Fundación Galicia, achegamos as diferentes oportunidades de prácticas tanto en institucións e organismos europeos como en entidades internacionais, dirixidas a diversos perfís e con diferentes requirimentos.

CONSELLO DE EUROPA
  • O prazo para solicitar estas prácticas finaliza o 6 de outubro
O Consello é unha organización internacional de eido rexional encargada de promover a configuración dun espazo político e xurídico común en Europa. Cada ano, oferta prácticas en dúas ocasións, por un período de oito semanas a cinco meses. 

Poderá solicitalas calquera cidadán dos Estados membros do Consello, salvando aqueles que xa participaran no programa de bolsas. Requírese que cada persoa: 
Teña titulación universitaria.
Bo coñecemento nun dos idiomas oficiais do Consello (inglés ou francés).
Competencias escritas. 

Consulta toda a información na súa páxina web

BANCO MUNDIAL
  • O prazo de solicitudes, que comeza o vindeiro 1 de outubro, remata o 31 de outubro
O programa de bolsas do Banco Mundial ofrece á xuventude a oportunidade de coñecer e participar na misión e obxectivos da institución, colaborando coas tarefas diarias e das relación con outros organismos. As bolsas no Banco Mundial outorgan ás persoas participantes unha nova perspectiva de traballo, ideas innovadoras e experiencia investigadora en eidos de especial relevancia, ademais de mellorar as súas competencias en espazos multiculturais e internacionais. 

Para poder participar, as persoas candidatas terán que cumprir os seguintes requisitos:
  • Ter unha titulación universitaria e estar matriculado nun mestrado ou doutoramento. 
  • Ter competencias fluídas en inglés e bo coñecemento noutras linguas como francés, español, ruso, árabe, portugués ou chinés. 
  • As competencias ofimáticas serán un plus a ter en conta.
  • Os eidos nos que a persoa candidata poderá participar serán economía, finanzas, desenvolvemento humano, ciencias sociais, agricultura, medio ambiente, planificación urbana ou recursos naturais, entre outros.
O destino destas prácticas, que son remuneradas, é normalmente Washington, mais dependerá das necesidades da institución. O período, en calquera caso, terá que ser de mínimo catro semanas (até doce), comezando en decembro.

Consulta na seguinte ligazón toda a información relacionada con este procedemento así como a documentación requirida (a saber, o currículo, expresión de interese e título universitario). 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante