Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/05/2021

Inscríbete no curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre do IPDJ

5340F_1621954834_Eurocidade2020.jpg
  • O curso, enmarcado no proxecto Eurocidade 2020, terá lugar do 17 ao 22 de xuño de 2021. 
Santiago de Compostela, 25 de maio de 2021. O Instituto Português do Desporto e Juventude (IPDJ) organiza un curso de Monitor de Actividades de Tempo Libre, enmarcado no proxecto Eurocidade 2020, do que a Fundación Galicia Europa é socia.

O curso celebrarase do 17 ao 22 de xuño na Sede da Eurocidade Chaves-Verín.

Inscríbete na seguinte ligazón!

PROXECTO EUROCIDADE_2020

A Agrupación Europea de Cooperación Territorial Eurocidade Chaves-Verín é unha agrupación de municipios transfronteiriza con personalidade xurídica propia en España e Portugal, que ten como misión xestionar de forma conxunta competencias locais co obxectivo de promover a converxencia institucional, económica, social, cultural e ambiental de todo o seu territorio de actuación.

Estas actividades lévanse a cabo no marco do proxecto EUROCIDADE_2020, aprobado polo Programa INTERREG V-A España-Portugal (POCTEP) 2014-2020, con cofinanciamento do FEDER.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante