Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

21/05/2021

Aberto o prazo para inscribirse no curso online ”Emprendemento Verde, Smart Cities e Economía Circular”

5338F_1621595956_empreendorismo.jpg
  • O prazo de inscrición remata o 8 de xuño, dispoñendo só dun máximo de 16 prazas.
Santiago de Compostela, 21 de maio de 2021. A Dirección Rexional do Norte do Instituto Português do Desporto e da Juventude (IPDJ), en colaboración con Smart Waste Portugal Young Professionals, Academia Lipor e Instituto de Soldadura e Qualidade, convocan o curso en liña ”Emprendemento Verde - Smart Cities e Economía Circular”, do 16 ao 18 de xuño de 2021. Esta actividade desenvólvese no marco do proxecto LIDERA, financiado polo Programa INTERREG-V-A España-Portugual (POCTEP) 2014-2020, co financiamento do FEDER.

Está dirixido a mozas e mozos de entre 18 e 30 que estean estudando, se graduaran nos últimos meses ou estean a piques de terminar os estudos, desempregados ou con interese nos temas da innovación, economía circular, emprendemento verde, sostibilidade, etc.

O obxectivo do curso é proporcionar competencias esenciais no desenvolvemento de prácticas emprendedoras, estimular o coñecemento sobre Smart Cities, traballar no concepto de Economía Circular, promover o emprendemento verde e autónomo e dinamizar unha rede de contactos que potencien a integración no mercado laboral.

O curso, de carácter gratuíto, estará certificado e impartirase do 16 ao 18 de xuño, desde as 09.00 horas até as 17.00 horas. 

O prazo de inscrición remata o 8 de xuño, dispoñendo só dun máximo de 16 prazas.

Inscríbete na seguinte ligazón!

PROXECTO EUROCIDADE_2020

O proxecto Eurocidade_2020, aprobado ao abeiro do programa Interreg V-A España-Portugal 2014-2020 (POCTEP), ten como obxectivo consolidar a Eurocidade Chaves-Verín como ferramenta de integración europea e de desenvolvemento sostible.

Socios/as do proxecto Eurocidade_2020: AECT Eurocidade Chaves-Verín; Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia Europa; Instituto Portugués do Desporto e Juventude (IPDJ); Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ); Concello de Verín e Municipio de Chaves.

Fonte: Curso em formato E-Learning | Empreendedorismo Verde, Smart Cities e Economia Circular

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante