Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/10/2020

A Unión Europea quere que o alumnado de Secundaria se beneficie das bolsas Erasmus+

5170F_1603983690_diverse-people-holding-educational-icons-min.jpg
  • A comisaria europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Xuventude, Mariya Gabriel, fala sobre a fórmula blended que se implementará no 2021, e que consistirá en traballos colaborativos online e en intercambios nos diferentes destinos europeos 
Santiago de Compostela, 28 de outubro de 2020. A semana pasada, a comisaria Mariya Gabriel participaba na terceira edición da conferencia mundial sobre educación, tecnoloxía e innovación “enlightED Virtual Edition 2020”. Este encontro, organizado pola Fundación Telefónica, IE University, Fundación Santilla e South Summit, reuniu a expertas e expertos internacionais para compartir reflexións e solucións aos retos derivados da crise sanitaria da COVID-19.

Na entrevista realizada por El País, a comisaria explica os pasos que a Comisión está a dar para favorecer a mobililidade do estudantado en tempos de pandemia, como a aprobación da posibilidade de pospoñer a estancia doce meses ou a de facer intercambios virtuais. Con todo, os datos confirman que as persoas que desfrutaron do Erasmus+ atopan traballo con maior facilidade unha vez graduadas.

Ademais, Mariya Gabriel explica que hai dúas cuestións innovadoras a resaltar: por un lado, a potenciación e priorización da Formación Profesional, aumentando o orzamento destino aos seus intercambios; e, por outro lado, a inclusión do alumnado de Secundaria no programa Erasmus+. A fórmula blended permitirá que, nun comezo, colaboren coas entidades de maneira online para despois realizar intercambios físicos. Non é a primeira vez que se debate esta posibilidade ou que se plasma na realidade, senón que, como explica a entrevistada, moitos centros de maneira illada proporcionaban este tipo de experiencias con anterioridade.  

A problemática relacionada coa accesibilidade á conexión de internet é outra das cuestións prioritarias, en tanto que, por exemplo, o 11% do alumnado español non ten acceso á WiFi. A comisaria explica que tamén se están a poñer en marcha diferentes programas, baseados no precedente “WiFi4eu”, co que se apoiará aos colexios das zonas rurais para facilitar a participación do alumnado nas bolsas Erasmus+. 

Fonte: “Vamos a extender las becas Erasmus a los alumnos de Secundaria para que mejoren en idiomas y ganen confianza en sí mismos”.

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante