Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/06/2020

Bolsa para mulleres economistas do Banco Central Europeo

4988F_1591255049_cowomen-pd5FVvQ9-aY-unsplash.jpg
O Banco Central Europeo (BCE) puxo en marcha un programa de bolsas dirixido a mulleres que desexen estudar un máster en economía en Europa. Este programa forma parte das iniciativas do BCE para promover a diversidade e a igualdade de xénero nos bancos centrais. O BCE ofrece estas bolsas a un máximo de cinco mulleres para cursar un máster en Economía para o curso académico 2020-21.

Beneficios:
  • Unha subvención de 10.000 euros.
  • Unha visita de estudo ao Banco Central Europeo.
  • Información sobre a investigación económica que realiza o BCE.
  • Oportunidade para coñecer a outras mulleres académicas e á rede de Mulleres en Liderado do BCE
  • Asesoramento e orientación dun economista do BCE
Requisitos:
  • Ter unha necesidade financeira para continuar estudando. 
  • Obter excelentes cualificacións nos estudos de pregrado.
  • Estar a planear inscribirche nunha máster en economía nunha universidade ou escola de negocios europea.
  • Ser cidadá da Unión Europea.
  • Ser muller.
O prazo para solicitar esta bolsa finaliza o día 9 de xuño de 2020.

Máis información



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante