Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/12/2019

O proxecto LIDERA pecha dous anos de éxitos coa presentación dos seus resultados nun evento que invita ao networking

XORANDA_CONECTADOS_SUMAMOS_LIDERA.png
  • O próximo martes 17 de decembro de 10:00 a 19:00, no espazo ourensano de La Molinera (Ourense), terá lugar ”Conectados Sumanos”, un evento no que se presentarán os resultados do proxecto LIDERA e a Revista cos logros acadados pola mocidade. Nesta xornada proseguirá a apoiar o emprendemento xuvenil cunha batalla de presentacións, premios, xogos, mentorías, talleres e outras actividades dirixidas a fomentar o emprego e o espírito emprendedor.
Santiago de Compostela, 12 de decembro de 2019. A Fundación Galicia Europa organiza, coa colaboración dos socios do proxecto Catalizador de Oportunidades de Emprego e Emprendemento Xove Transfronteirizo LIDERA, a Xornada Conectados Sumamos. No evento, que terá lugar o próximo 17 de decembro no espazo La Molinera (Ourense) a partir das 10 da mañá, presentaranse as conclusións das actividades de LIDERA desde 2017, presentarase a Revista cos logros acadados polos participantes e desenvolveranse diferentes actividades para a promoción do emprego e emprendemento xove na eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.

Durante este tempo de traballo, e continuo apoio á mocidade da zona do territorio, o proxecto LIDERA analizou, formou, desenvolveu labores de titoría e axudou á substanciación de decenas de ideas de mozos de Galicia e Portugal en proxectos europeos de cooperación transfronteiriza. Coa idea de proseguir traballando en prol deste obxectivo ”Conectados Sumamos” busca difundir as boas prácticas e os logros acadados polos seus participantes a través dun programa cargado de actividades: xogos, música ao directo, talleres...
 
Entre as accións propostas destaca a ”Batalla de presentacións”, un innovativo concepto de competición no que os mozos e mozas emprendedores contarán cun tempo reducido para presentar o seus proxectos orixinais. Con reminiscencias aos cantos ao desafío tradicionais os participantes bateranse en duelo por parellas e o propio público será o encargado de decidir os gañadores a través das sucesivas roldas. As catro últimas presentacións que queden na competición recibirán como agasallo os servizos de apoio ao emprendemento que ofrece LIDERA, como mentorías especializadas ou material para a difusión do seu proxecto.

Inscríbete xa nesta ligazón!

PROGRAMA
10:00 Recepción de asistentes
10:30 Presentación do proxecto LIDERA
11:00 Intervención dos representantes públicos
11:30 Presentación de Conectados Sumamos: revista e caderno
12:15 Espazo Networking: café
13:15 Relatorio inspiradora: ”La cooperación transfronteriza como fiestra ao futuro”
13:30 Espazo Networking: almorzo
14:30 Xogos e dinámicas sobre cooperación transfronteiriza
15:00 Casos de boas prácticas
15:30 Talleres para preparar unha presentación da túa/vosa idea ou proxecto
16:30 Espazo Networking: café e mentorías para ultimar as exposicións
17:15 Batalla de Presentacións
18:15 Dinámica de gamificación de cooperación transfronteiriza
18:30 Conclusións e entrega de premios a las mellores presentacións
19:00 Clausura

Proxecto LIDERA
O obxectivo do proxecto LIDERA é dar a coñecer aos participantes as diferentes opcións de programas que existen na Unión Europea para financiar proxectos de cooperación transfronteiriza.

Estas xornadas se encadran na actividade ”Cataliza”, que ten como obxectivo mellorar, potenciar e impulsar a viabilidade dos proxectos e ideas da xuventude a través de asesoría individual, formación personalizada e coaching persoal.

O proxecto LIDERA, conta cun financiamento europeo de 1,4 millóns de euros e unha duración de catro anos. Co obxectivo de promover o desenvolvemento económico transfronteirizo en Galiza e na Rexión Norte de Portugal a través do fomento das capacidades laborais e de emprendemento da mocidade, as actividades impulsadas están orientadas a luchar contra o desemprego xuvenil, a fuga de talento e conceder as ferramentas necesarias para que este colectivo sexa un motor do impulso económico destas rexións.

Socios: Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado; Fundación Galicia EuropaCámara Oficial de Comercio, Industria, Servicios e Navegación de Santiago de Compostela; Asociación Comercial de Emprendedores de Galicia (ASCEGA); Instituto Português do Desporto e da Xuventude (IPDJ) e a Federación Nacional de Asociaciones Juveniles Portuguesa (FNAJ).

Documentos para descarga



Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante