Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/09/2021

Aberto o prazo para presentarse ao concurso Juvenes Translatores

5400F_1631022438_sam-balye-w1FwDvIreZU-unsplash_.jpg
  • A data límite para participar na primeira etapa é o 20 de outubro ás 12.00 horas. 
Santiago de Compostela, 7 de setembro de 2021. Os centros de ensinanza secundaria xa poden inscribirse en Juvenes Translatores, o concurso anual de tradución da Comisión Europea a través da seguinte ligazón. O tema seleccionado para este ano é “En marcha: cara un futuro máis ecolóxico”. Os centros participantes poderán elixir calquera par de linguas entre as 24 linguas oficiais da Unión Europea. 

A data límite para participar na primeira etapa é o 20 de outubro ás 12.00 horas e a inscrición poderá facerse en calquera das linguas oficiais da Unión Europea. Os centros que superen esta etapa serán convidados pola Comisión Europea a participar na seguinte. O número de centros, que será de 705, será igual ao número de escanos do país no Parlamento Europeo e seleccionaranse ao azar mediante sorteo electrónico.

Os centros seleccionados designarán a entre dous e cinco estudantes para participar no concurso. Non existen máis requisitos que ter nacido no ano 2004. 

O concurso celebrarase en liña o 25 de novembro de 2021 en todos os centros participantes e os gañadores -un por país- anunciaranse a comezos de febreiro de 2022. 

Se o contexto sanitario o permite, os centros gañadores serán convidados á entrega de premios en primavera de 2022, nunha cerimonia celebrada en Bruxelas, onde terán a oportunidade de reunirse con tradutores profesionais da Comisión Europea e obter información sobre a profesión e experiencia de traballar con linguas.

CONTEXTO

Cada ano, desde 2007, a Dirección Xeral de Tradución da Comisión organiza o concurso Juvenes Translatores, co que se promove a aprendizaxe de idiomas nos centros de ensinanza. Está aberto ao alumnado de secundaria de 17 anos e celébrase simultaneamente en todos os centros seleccionados da Unión Europea.

Fonte: Queda abierto el concurso de jóvenes traductores de la UE.


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante