Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/09/2020

Aberto o prazo de inscrición para o concurso ”Juvenes Translatores”

idiomas

Co obxectivo de continuar pondo en valor a diversidade lingüística de Europa e o fomento da aprendizaxe de idiomas, a Comisión Europea convoca, un ano máis, o concurso Juvenes Translatores (Xuventude tradutora).

Nesta décimo terceira edición, os rapaces e rapazas participantes deberán traducir un texto relativo ao tema “Navegar en tempos difíciles: xuntos somos máis fortes” e, para iso, como en anos anteriores, deberán de seleccionar dúas das 24 linguas oficiais da Unión Europea.

Para participar no concurso, os centros de estudos poderán inscribirse ata o 20 de outubro do 2020 de forma electrónica. Pasado este prazo procederase á realización dun sorteo electrónico do que sairán seleccionados un total de 705 centros de estudos, 59 dos cales serán centros españois. Os centros que resulten seleccionados para a seguinte fase do concurso designarán entre 2 e 5 alumnos, de calquera nacionalidade máis nados no 2003.

 O concurso celebrarase en liña e ao mesmo tempo en todos os centros participantes o 26 de novembro de 2020. Os nomes dos gañadores (1 por país) anunciaranse a principios do mes de febreiro do 2021.

 Se es un centro de estudos ou un profesor e desexas coñecer máis sobre a convocatoria deJuvenes Translatores” podes consultar toda a información a través deste ENLACE; e se xa o tes decidido e queres presentar o teu centro ao concurso podes facelo a través do sistema de inscrición electrónica.


#EuroXuventude


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante