Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/11/2019

A Comisión Europea amplía o prazo de solicitude para as candidaturas ao ”Premio Altiero Spinelli de Divulgación 2019”

El comisario Tibor Navracsics con los premiados de la edición anterior. Fonte: © European Union 2019. Fotógrafa: Jennifer Jacquemart.jpg
  • O prazo oficial para a convocatoria ampliouse ata as 17:00 horas (hora de Bruxelas) do próximo luns 2 de decembro de 2019.
  • Este ano entregaranse ata 16 premios de 25.000 euros.
Bruxelas, 27 de novembro de 2019. Por terceiro ano consecutivo, a Dirección Xeral de Educación, Mocidade, Deporte e Cultura da Comisión Europea lanzou unha nova convocatoria de candidaturas para o Premio Altiero Spinelli de Divulgación da Unión Europea. Recentemente, ampliouse o prazo de solicitude ata as 17:00 horas do próximo luns 2 de decembro de 2019. A edición deste ano do Altiero Spinelli céntrase na mocidade e premiará aos 16 proxectos seleccionados con 25.000 euros.

Obxectivos
Os obxectivos deste galardón europeo son fundamentalmente tres: 
  • Recompensar proxectos destacados que fomenten a comprensión da UE por parte dos cidadáns dos Estados membros.
  • Contribuír a ampliar a apropiación do proxecto europeo.
  • Desenvolver máis o sentido de identidade europea. 
Criterios de avaliación
Os Premios Altiero Spinelli 2019 outorgaranse ás propostas que, a xuízo do xurado, respondan mellor aos obxectivos. Ademais, hanse valorar en función dos seguintes criterios:
  • Calidade.
  • Relevancia.
  • Valor engadido, impacto existente e / ou potencial de impacto futuro.
Tipoloxía de propostas candidatas
A Comisión Europea considerará para o galardón a diferentes proxectos de comunicación, campañas, accións directas e máis, entre outros:
  • Programas educativos ou campañas sobre a Unión Europea.
  • Campañas de información e comunicación sobre a UE.
  • Actividades que melloren a motivación dos mozos para participar nos procesos democráticos que configuran o futuro da UE.
  • Actividades que reforcen a adhesión dos mozos aos valores fundamentais da UE.
  • Actividades baseadas na acción que permitan aos mozos ser testemuñas dos beneficios da UE. 
Todas as persoas interesadas poden consultar nesta ligazón as bases do concurso. Ademais, as solicitudes ao "Premio Altiero Spinelli de Divulgación 2019" poden realizarse a través da páxina web de EUsurvey.

Fonte: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante