Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/02/2019

Primeira reunión do novo Comité Executivo de Necstour para a definición da estratexia 2019-2020

4495F_1549620269_Anya_Excom.jpg
Bruxelas, 7 de febreiro de 2019. O novo Comité Executivo de NECSTouR mantivo a súa primeira reunión os pasados días 29 e 30 de xaneiro en Bruxelas, na oficina de Scotland Europa. Os principais temas tratados na reunión foron a definición da nova Estratexia 2019-2021 de NECSTouR e as políticas de turismo da UE post-2020. Así mesmo, marcouse unha estratexia común para facer dos principios da Barcelona Declaration “Better Places to Live, Better Places to Visit” a inspiración de NECSTouR nos vindeiros anos.

Primeira reunión. Esta foi a ocasión para que os membros do Comité Executivo de NECSTouR -Cataluña (Presidencia), Andalucía e Flandes (Vice-Presidencia), Toscana (Secretario Xeral), Västra Götland (Tesoureiro), Danish Western Coast Partnership, Emilia-Romagna, Galicia, Île-de-France, Escocia e Zuid Limburg-se reunisen por primeira vez como o novo Comité Executivo, elixido para o mandato 2019-2021 na última Asemblea Xeral Anual.

Prioridades rexionais. A reunión abriuse cunha mesa redonda que deu a posibilidade a cada un dos membros de compartir as principais accións e iniciativas que están actualmente na súa liña de actuación e que caracterizan o ADN das súas políticas turísticas. Similitudes e particularidades apareceron como fonte de inspiración. Os principais temas en común foron : a loita contra a estacionalidade e o cambio climático, o alivio dos lugares turísticos máis sobrecargados, a diversificación da oferta e a mellora da experiencia turística.

NECSTouR ”Five S”. As 5S foron aprobadas na pasada Asemblea Xeral Anual e constitúen a base da actuación para o futuro do turismo sostible. As 5S corresponden a «Smart, Socio-Cultural, Skills, Safety and Statistics» (Intelixente, Socio-Cultural, Habilidades, Seguridade e Estatísticas). As 5S estiveron no centro do debate da reunión do Comité Executivo, que dedicou unha mañá enteira a definir a súa vinculación e aplicación ás prioridades rexionais e ás tendencias globais actuais e futuras, preparando así a nova Estratexia de NECSTouR para o período 2019-2021, que será presentada e aprobada na próxima Asemblea Xeral Anual que se celebrará no mes de xuño.

Better Places to Live, Better Places to Visit. A reunión constituíu tamén a ocasión para definir unha estratexia común para facer dos 5 principios da Barcelona DeclarationBetter Places to Live, Better Places to Visit” a inspiración central para NECSTouR nos vindeiros anos. Así mesmo, debatéronse e aprobáronse accións para capitalizar todos os resultados tanxibles que poidan xurdir da súa aplicación.

Política turística da UE Post-2020.  Lynne Ross, Senior EU Policy Executive en Scotland Europa impartiu unha sesión sobre o futuro da política turística da UE no contexto do Marco Financeiro Plurianual (MFP) 2021-2027. A sesión permitiu coñecer unha visión xeral sobre a actual fase de negociación para o MFP post-2020 e planear futuras accións de lobby, reclamando un mellor recoñecemento no rol que as rexións poder exercer para establecer un turismo máis sostible a nivel da UE.

Fonte: NECSTOUR

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante