Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/07/2016

Acción Contra el Hambre publica unha guía práctica de financiamento comunitario para o terceiro sector

3786F_1467813693_Untitled.jpg

  • A publicación contén recomendacións sobre os primeiros pasos dunha organización que desexa participar en proxectos comunitarios

Bruxelas, 6 de xullo de 2016. A ONG Acción Contra el Hambre acaba de publicar unha guía de financiamento comunitario especialmente pensada para o terceiro sector, unha ferramenta moi útil para entender os pasos á hora de participar en proxectos e iniciativas europeas. A busca de fontes de financiamento alternativas ás existentes a nivel nacional motivadas polos recortes nos orzamentos públicos para entidades sen ánimo de lucro fan dos fondos europeos unha opción cada vez máis interesante para as ONG de moi diversos ámbitos.

A guía contén información sobre os primeiros pasos dunha organización que desexa obter financiamento comunitario, consellos e enlaces a fontes de información. Os usuarios desta guía recibirán recomendacións para incorporar o factor europeo dentro da estratexia da organización e recursos para moverse no ecosistema europeo na temática da súa competencia e identificar as principais vías de participación en programas comunitarios.

Ademais desta nova guía, para coñecer as opcións do período orzamentario 2014-2020 tamén está dispoñible, nas súas dúas versións impresa e online, a Guía de financiamento comunitario editada pola Fundación Galicia Europa, que salienta os aspectos clave na preparación e desenvolvemento de proxectos europeos para axudar ás entidades a identificar as oportunidades máis adecuadas e contribuír, así, á captación de fondos comunitarios en Galicia.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante