Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/08/2015

Convocatoria para o despregamento de voluntarios de Axuda da UE

Bruxelas, 4 de agosto de 2015.- A Comisión Europea vén de publicar unha convocatoria de voluntariado para seleccionar, preparar e despregar a voluntarios que colaborarán no fortalecemento da capacidade da Unión para ofrecer axuda humanitaria.

O obxectivo da convocatoria de voluntariado é, a través do traballo destes voluntarios, fortalecer a capacidade da Unión para ofrecer axuda humanitaria dirixida a mellorar a capacidade e resiliencia das comunidades vulnerables e afectadas por catástrofes en terceiros países mediante a preparación ante catástrofes, a redución do risco de catástrofes e a mellora do vínculo entre socorro, rehabilitación e desenvolvemento. Ademais, a convocatoria aspira a fortalecer as capacidades das organizacións executoras emisoras e receptoras que participan ou teñen previsto participar na iniciativa de voluntariado de axuda da UE.

A convocatoria está composta de dúas vertentes. Por un lado convoca postos de aprendiz para despregar a profesionais novos que realizarán tarefas técnicas, de apoio e de comunicación. Por outro, comprende o despregue de profesionais novos e maiores para o desenvolvemento de capacidades ou asistencia técnica.

Esta convocatoria está destinada a calquera entidade legalmente constituída con sede social na UE e conta cun orzamento de 8.40 millóns de euros.

A data límite para presentar solicitudes é o vindeiro 30 de outubro.

Consulta todos os detalles da convocatoria aquí.

Máis información


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante