Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/07/2015

Aberto o prazo para participar no concurso fotográfico ”Europa na miña rexión”

3528F_1436798390_News_EC_Photo_Competition_Europe_My_Region_small.jpg

Bruxelas, 13 de xullo de 2015.- A Comisión Europea vén de lanzar a cuarta edición do concurso fotográfico “Europa na miña rexión”.

O obxectivo do concurso é que se tomen fotografías de proxectos financiados por programas europeos e que se vexa o impacto destes nas rexións. Todos os proxectos do programa LIFE están invitados a participar no concurso, que estará aberto ata o vindeiro 28 de agosto. Unha vez cerrado o período para participar, ata o 8 de setembro o público poderá seleccionar cos seus votos as mellores 100 fotos. Un xurado independente formado por expertos fotógrafos e en redes sociais escollerá as tres fotografías gañadoras. Os premios – incluído un de 1.000 euros para gastar en equipamento fotográfico dixital – entregaranse durante os Open Days, a Semana Europea das Rexións e Cidades o día 13 de outubro en Bruxelas.

Pódese atopar máis información sobre o concurso na páxina de Facebook da Comisión Europea, na seguinte ligazón e nas redes sociais seguindo o hashtag #EUinmyregion 


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante