Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

04/05/2015

O Manneken Pis de Bruselas vístese de peregrino do Camiño de Santiago

3490F_1430744440_manekken-pis-peregrino--644x500.JPG

Bruselas, 4 de maio de 2015.- A famosa estatua de Bruxelas Manneken Pis vestirá o tradicional traxe de peregrino do camiño de Santiago ata finais deste mes. A iniciativa foi promovida pola Asociación belga de Amigos do Camiño de Santiago, que recibiu en recoñecemento aos servizos prestados á tradición e folclore de Bruxelas o diploma da orde de Amigos do Manekken Pis.

A capa, o sombreiro e o bastón de peregrino do camiño de Santiago constitúen o número 930 de traxes que xa ten vestido a famosa escultura belga e que pasará despois a formar parte da colección exposta no Museo de Traxes do Manneken Pis.

Esta iniciativa é unha mostra máis do alcance internacional do Camiño de Santiago e servirá para difundir e promocionar a Ruta Xacobea entre o mercado belga e os miles de turistas que se acheguen este mes á capital comunitaria.

Fonte


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante