Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/12/2014

A FEMP abre unha Oficina de Información sobre Fondos Europeos

Santiago de Compostela, 29 de decembro de 2014. - A Federación Española de Municipios e Provincias (FEMP) puxo en funcionamento na súa páxina web a Oficina de Información sobre Fondos Europeos para dar a coñecer ás Entidades Locais españolas as liñas de financiamento para os seus proxectos ás que poderán ter acceso no marco do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER).

Dende a Oficina a FEMP pretende achegar ás Entidades Locais as posibilidades de impulsar proxectos no marco deste novo período de financiamento e das súas normas, e mantelos informados sobre as convocatorias e apertura de prazos. As liñas de financiamento encóntranse no tramo local do FEDER dotado con case 1.500 millóns de euros, e abrirán ás Entidades Locais españolas a posibilidade de financiar dous tipos diferentes de proxectos: por un lado, Proxectos Singulares de Economía Baixa en Carbono (EBC), dotado con 500 millóns de euros; e por outra banda, as Estratexias Integradas de Desenvolvemento Urbano Sostible, dotadas con case 1.000 millóns de euros. Na Oficina de Información da FEMP pódese atopar información máis detallada sobre cada unha das dúas asignacións.

Aínda que historicamente só os municipios máis grandes tiñan posibilidade de presentar proxectos a Fondos Europeos, dende a FEMP insístese en expandilos tamén aos municipios intermedios, na medida que adoitan ser os motores do desenvolvemento económico dos seus territorios, ou mesmo aos pequenos, a través de órganos supramunicipais como Deputacións Provinciais, Cabidos ou Consellos Insulares.

Fonte: Comité das Rexións

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante