Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/09/2018

Os europeos decidiron: hai que acabar co cambio horario

Cambio de hora estacional UE.jpg Ver máis...
  • Confusións, máis sono, menos saúde, menos enerxía… Son algúns dos motivos dados polo 84 % dos europeos que prefiren acabar co cambio de hora polo que a Comisión Europea propón poñerlle fin en 2019.

Bruxelas, 27 de setembro de 2018. Os europeos pasámonos a vida cambiando a hora: adiantámola cada último domingo de marzo para pasar ao horario de verán, para volver de novo ao horario de inverno cada último domingo de outubro.

Este vaivén horario ten que acabar: así o anunciou o Presidente da Comisión Europea Jean-  Claude  Juncker no seu último discurso sobre o Estado da UE o pasado 12 de setembro. E como data límite, fin de 2019.

Pídeno os europeos
E é que a maioría dos europeos queren acabar con isto. Polo menos é o que se deduce da consulta pública que fixo a Comisión entre xullo e agosto deste ano, e que foi a de maior participación na historia destas enquisas. Votaron nada menos que 4.6 millóns de persoas dos 28 países da UE!

Os resultados foron contundentes: un 84 % dos votantes elixiron acabar cos cambios de hora.

E os españois? Fomos aínda máis contundentes: un 93 % optamos por poñerlle fin. Só fomos superados por finlandeses e polacos (ambos cun 95 %).

Por que acabar co cambio de hora?
Sabemos que o cambio de hora pode ser  lioso. Quen non chegou unha hora antes ao traballo por non atrasar o reloxo ou, o que é peor, unha hora tarde por non adiantalo?

Pero tamén hai razóns máis profundas. Por exemplo, agora sabemos que a enerxía que se aforra por cambiar a hora non é importante. E é que nun principio, o cambio de hora foi aplicado por algúns países para aforrar carbón –que se usaba para iluminar- durante a Primeira Guerra Mundial. Os tempos cambiaron.

Os europeos que participaron na consulta tamén dixeron que o cambio de hora lles afecta  a saúde, que aumenta as posibilidades de accidentes, e que mingua a súa enerxía.

Quenda dos gobernos de cada país da UE
Agora tócalle aos países elixir que horario queren, se o de verán ou o de inverno. Deben avisalo, como moi tarde, en abril de 2019.

Iso si, a Comisión recoméndalles poñerse de acordo e coordinar os horarios para un bo funcionamento do mercado interno. Non esquezamos de que a UE é un mercado único!

Agora, o balón está no tellado do Parlamento e do Consello. Teñen quenes deben aprobar o cambio. Como dixo o presidente  Juncker no seu Discurso do Estado da UE: «Hai que suprimir o cambio de hora (…) Espero que o Parlamento e o Consello véxano tamén así e atopen solucións compatibles co mercado interior. O tempo aprema».

O último prazo para que Parlamento e Consello aproben a proposta é marzo de 2019.

Se a proposta é aprobada, o último día de cambio de hora obrigatorio será o 31 de marzo de 2019. Os países que elixan quedar definitivamente no horario de inverno, poderán facer un último cambio o 27 de outubro de 2019. Despois diso, acabáronse os cambios de hora!

E ti? Que horario prefires?

Máis detalles sobre as propuestas de poñer fin aos cambios de hora estacionais.


Imaxes relacionadas


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante