Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

12/04/2018

Iniciativa Cidadá Europea: Constrúe a UE que queres

Iniciativa Cidadá Europea.png
  • Unha das prioridades da Comisión é profundar na democracia. E para iso, outorga á súa cidadanía o poder para influír nas políticas que afectan á súa vida. Tes claro que UE queres? 

Bruxelas, 12 de abril de 2018. A Iniciativa Cidadá Europea é unha ferramenta democrática que permite aos cidadáns configurar a Unión Europea (UE), apelando á Comisión Europea para que propoña lexislación.

Nove millóns de participantes
Dende que entrou en vigor esta ferramenta,  en 2012, calcúlase que uns 9 millóns de europeos dos 28 Estados membros apoiaron unha iniciativa cidadá europea. Ata o momento, catro iniciativas prosperaron ao recoller máis de 1 millón de firmas - a Comisión comprometeuse a efectuar accións de seguimento de 3 delas: 

- Iniciativa «Stop  Vivisection», para prohibir a experimentación animal na Unión Europea:  a Comisión Europea organizou unha conferencia científica en Bruxelas, os días 6 e 7 de decembro de 2016, para unir a científicos e cidadáns interesados nun debate sobre a maneira de desenvolver criterios cientificamente válidos sen utilización de animais; 

- Iniciativa « Right2 Water», sobre o dereito á auga e ao  saneameiento como dereito humano: a Comisión propuxo en febreiro unha revisión da Directiva sobre auga potable;

- Iniciativa «Prohibición do  glifosato e protección das persoas e do medio ambiente fronte aos pesticidas tóxicos»: a Comisión anunciou unha proposta lexislativa de mellora da transparencia nas avaliacións científicas e a toma de decisións.

Como funciona?

A Iniciativa Cidadá Europea é unha invitación para que a Comisión Europea propoña un texto lexislativo nalgún dos ámbitos de competencia da UE.

Para poñer en marcha unha iniciativa cidadá, hai que crear un comité de cidadáns integrado como mínimo por sete cidadáns da UE residentes en, polo menos, sete Estados membros distintos.

As iniciativas cidadás deben recibir o apoio de, polo menos, un millón de cidadáns de sete dos 28 Estados membros da UE, alcanzando un número mínimo de asinantes en cada un deles (40.500 no caso de España).

Iso si, as organizacións non poden expor iniciativas cidadás, só os cidadáns. Con todo, permíteselles promover ou apoiar iniciativas, sempre que o fagan con total transparencia.

Cando unha iniciativa cidadá obtén un millón de firmas, a Comisión procede ao exame da iniciativa. Nos tres meses posteriores á recepción dunha iniciativa:
  • Os organizadores reuniranse con representantes da Comisión para explicar detalladamente as cuestións que expón a súa iniciativa.
  • Os organizadores poderán presentar a súa iniciativa nunha audiencia pública organizada no Parlamento Europeo.
  • A Comisión aprobará un documento oficial que especifique, se as hai, as medidas que teña a intención de propoñer en resposta á iniciativa cidadá e os motivos polos que decidise actuar ou non facelo.
Ademais, para promover a discusión sobre temas relacionados con iniciativas cidadás, a Comisión Europea presentará este abril un foro colaborativo no cal os organizadores de iniciativas, reais e potenciais, poidan discutir as súas ideas e recibir información práctica. 

Fonte: Comisión Europea


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante