Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/05/2021

A Fiscalía Europea comenzará a funcionar o 1 de xuño

5341F_1622039925_markus-winkler-BvlxNyjnIzg-unsplash.jpg
  • A Comisión confirmou oficialmente que a Fiscalía Europea comezará a funcionar o 1 de xuño, sendo esta a primeira oficina europea dedicada á investigación e o axuizamento de delitos que afectan o orzamento da UE.
Bruxelas, 26 de  maio de 2021. A Fiscalía Europea encárgase de levar a cabo investigacións e axuizamentos penais por delitos contra o orzamento da UE. Trátase da primeira fiscalía supranacional. Investiga e persegue os seguintes tipos de fraude, ademais doutros delitos que afectan os intereses financeiros da UE:

• fraude relacionada cos gastos e ingresos;
• fraude relacionada co IVE (se afecta a dous ou máis Estados membros e ten un valor de polo menos 10 millóns de EUR);
• branqueo de capitais derivados de fraudes ao orzamento da UE;
• corrupción activa e pasiva ou malversación que afecte os intereses financeiros da UE;
participación nunha organización delituosa se a súa actividade céntrase en cometer delitos contra o orzamento da UE.

Este novo organismo da Unión tamén pode investigar e perseguir calquera outra actividade ilegal que estea indisociablemente vinculada a un delito cometido contra o orzamento da UE.

A Fiscalía Europea levará a cabo as súas investigacións e actuacións con total independencia da Comisión, doutras institucións e órganos da UE, e dos Estados membros. Complementará o traballo doutros órganos e organismos da UE como a  OLAF,  Eurojust e Europol e cooperará con eles, así como coas autoridades competentes dos Estados membros que non participan na fiscalía supranacional. Calcúlase que a Fiscalía Europea chegará a investigar uns 3 000 casos ao ano.

Contexto
Establecida polo Regulamento (UE) 2017/1939, do 12 de outubro de 2017 e financiada polo orzamento da UE, a Fiscalía Europea é a primeira fiscalía supranacional a cargo de investigacións e actuacións penais. Na súa configuración actual, vinte e dous Estados membros da UE participan na cooperación reforzada. Dirixida por Laura Codruța Kövesi, a fiscal xeral europea, a Fiscalía Europea conta cunha oficina central en Luxemburgo, constituída por un fiscal europeo por cada Estado membro participante e por persoal de apoio. Así mesmo, os fiscais europeos delegados establecidos nos Estados membros forman parte integrante deste órgano independente.

Máis información: Comisión Europea
Fiscalía Europea
Sitio web da Fiscalía Europea

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante