Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

23/09/2020

Reunión sobre o Marco Financeiro Plurianual e o programa Next Generation EU entre os presidentes da Comisión Europea, do Parlamento Europeo, e do Consello da UE

5100F_1600859939_P044303-253885.jpg
  • A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, participou o pasado luns nunha reunión virtual co presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, e a chanceler alemá Angela Merkel, da presidencia do Consello da UE.
  •  Esta reunión tivo como obxecto a determinación dos próximos pasos cara a adopción do próximo Marco Financeiro Plurianual e o plan de recuperación Next Generation EU.
Bruxelas, 23 de setembro do 2020. O pasado 21 de setembro, a presidenta von der Leyen debatiu por videoconferencia co presidente do Parlamento Europeo, David Sassoli, e coa chanceler alemá Angela Merkel, da presidencia do Consello da UE, sobre os próximos pasos para a adopción do próximo Marco Financeiro Plurianual (MFP) e o plan de recuperación Next Generation EU.

Os tres presidentes prepararon as intensas negociacións políticas que se aveciñan para achandar o camiño para que o orzamento da UE e o apoio á recuperación estean en marcha o 1 de xaneiro de 2021. Isto requirirá unha forte coordinación entre as institucións da Unión Europea, así como a ratificación dos elementos clave do acordo con as disposicións constitucionais de cada Estado membro.

O presidente Sassoli presentou os principais puntos de interese para o Parlamento Europeo nos debates.

Os tres presidentes reafirmaron o seu firme compromiso de chegar rapidamente a un acordo e concretaron manterse en estreito contacto durante as próximas semanas e meses.

A presidenta von der Leyen expresou a súa intención de volver a convocar unha nova reunión en virtude do artigo 324 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE), segundo proceda, tan pronto como se alcance unha etapa clave nos debates.

 


 

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante