Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/02/2020

A Comisión Europea dá o primeiro paso para o inicio das negociacións de cara a formalizar a futura asociación entre a UE e o Reino Unido

A presidenta da Comisión, Ursula von der Leyen, sinalou a urxencia de iniciar as negociacións UE-Reino Unido. Fonte: © European Union 2020. Fotógrafo: Etienne Ansotte.jpg
  • A recomendación do Executivo europeo contén unha proposta detallada de directrices de negociación, que definen o ámbito de aplicación e os termos da asociación que a Unión Europea desexa establecer no futuro co Reino Unido. 
  • A Comisión pretende seguir coordinándose estreitamente co Consello e os seus órganos preparatorios, así como co Parlamento Europeo, en función do seu papel de negociadora da UE.
Bruxelas, 3 de febrero de 2020. A Comisión Europea publicou hoxe unha recomendación ao Consello para a apertura de negociacións tendentes a establecer unha nova asociación co Reino Unido. Dita recomendación baséase nas Orientacións e Conclusións do Consello Europeo, así como na Declaración Política que a UE e o Reino Unido acordaron en outubro de 2019.

A recomendación do Executivo europeo contén unha proposta detallada de directrices de negociación, que definen o ámbito de aplicación e os termos da futura asociación que a Unión Europea desexa establecer co Reino Unido. Ditas directrices refírense a todos os ámbitos que resultan de interese para as negociacións, entre eles a cooperación comercial e económica, a cooperación policial e xudicial en materia penal, a política exterior, a seguridade e a defensa e a participación nos programas da Unión, xunto a outros ámbitos temáticos de cooperación. Un capítulo específico dedicado á gobernanza establece as liñas mestras dun marco xeral de gobernanza que inclúe todos os ámbitos da cooperación económica e en materia de seguridade.

En calidade de negociadora da UE, a Comisión pretende seguir coordinándose estreitamente co Consello e os seus órganos preparatorios, así como co Parlamento Europeo, tal como sucedeu coas negociacións que levaron ao Acordo de Retirada.

A presidenta da Comisión Europea, Ursula von der Leyen, declarou o seguinte ao respecto: «É o momento de comezar a traballar. O tempo aprema. Farémolo de maneira equitativa e transparente, pero defenderemos os intereses da UE e os intereses dos nosos cidadáns ata o final».

Pola súa banda, Michel Barnier, negociador principal da Comisión Europea, manifestou similares intencións: «Negociaremos desde a boa fe. A Comisión Europea continuará colaborando moi estreitamente co Parlamento Europeo e o Consello. A nosa misión será defender os intereses dos nosos cidadáns e a nosa Unión e facer que prosperen, ao mesmo tempo que achamos solucións que respecten as decisións do Reino Unido».

Próximas etapas
O Consello debe adoptar o proxecto de directrices de negociación, co cal se autorizará formalmente á Comisión para iniciar as negociacións, en calidade de negociadora da Unión Europea.

Contexto
O pasado 31 de xaneiro de 2020, o Reino Unido retirouse da Unión Europea e da Comunidade Europea da Enerxía Atómica (Euratom).

As disposicións para a retirada se establecen no Acordo de Retirada, que entrou en vigor o 1 de febreiro de 2020. O Acordo establece un período transitorio durante o cal o Dereito da UE continúa aplicándose ao Reino Unido, e que se prolongará polo menos ata o 31 de decembro de 2020, salvo que o Comité Mixto creado en virtude do propio Acordo adopte, antes do 1 de xullo de 2020, unha Decisión única pola que o período transitorio se prorrogue ata un máximo dun ou dous anos.

Nas Orientacións do 23 de marzo de 2018, o Consello Europeo reiterou a determinación da Unión de manter unha asociación o máis estreita posible co Reino Unido no futuro. Conforme ese documento, a asociación debe abarcar tanto a cooperación económica e comercial como outros ámbitos, en particular a loita contra o terrorismo e a delincuencia internacional, así como a seguridade, a defensa e a política exterior.

O marco para esa futura asociación entre a Unión Europea e o Reino Unido se fixa na Declaración Política.

A recomendación publicada hoxe pola Comisión Europea constitúe o primeiro paso no proceso de negociación, polo cal se convida ao Consello a que autorice á Comisión para abrir negociacións formais para unha nova asociación co Reino Unido.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante