Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/11/2019

O Consello Europeo nomea á nova Comisión presidida por Ursula Von der Leyen

Foto da nova Comisión Europea liderada por Ursula von der Leyen. Fonte: © European Union 2019. Fotógrafo: Mauro Bottaro.jpg
  • Josep Borrell, representante de España no novo Colexio de Comisarios, desempeñará os cargos de Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e de Vicepresidente.
Bruxelas, 29 de novembro de 2019. O Consello Europeo nomeou na xornada de hoxe en Bruxelas, mediante procedemento escrito, á nova Comisión Europea para o período comprendido entre o 1 de decembro de 2019 e o 31 de outubro de 2024.

A nova Presidenta da Comisión será Ursula von der Leyen (Alemaña) e o Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade será Josep Borrell (España), quen tamén será un dos Vicepresidentes da Comisión (seguindo o recollido no artigo 18, apartado 4, do  TUE).

Os outros membros da Comisión serán:
  • Thierry BRETON (Francia)
  • Helena DALLI (Malta)
  • Valdis DOMBROVSKIS (Letonia)
  • Elisa FERREIRA (Portugal)
  • Mariya GABRIEL (Bulgaria)
  • Paolo GENTILONI (Italia)
  • Johannes HAHN (Austria)
  • Phil HOGAN (Irlanda)
  • Ylva JOHANSSON (Suecia)
  • Věra JOUROVÁ (República Checa)
  • Stella KYRIAKIDES ( Chipre)
  • Janez LENARČIČ (Eslovenia)
  • Didier REYNDERS (Bélxica)
  • Margaritis SCHINAS (Grecia)
  • Nicolas SCHMIT (Luxemburgo)
  • Maroš ŠEFČOVIČ (Eslovaquia)
  • Kadri SIMSON (Estonia)
  • Virginijus SINKEVIČIUS (Lituania)
  • Dubravka ŠUICA (Croacia)
  • Frans TIMMERMANS (Países Baixos)
  • Jutta URPILAINEN (Finlandia)
  • Adina VĂLEAN ( Rumania)
  • Olivér VÁRHELYI (Hungría)
  • Margrethe VESTAGER (Dinamarca)
  • Janusz WOJCIECHOWSKI (Polonia)
A ratificación de hoxe do Consello dos xefes de Estado e de Goberno dos Estados membros responde así á aprobación por parte do Parlamento Europeo da nova Comisión Europea como órgano lexislativo da UE  o pasado 27 de novembro de 2019.

Así o dispón o Tratado da Unión Europea (TUE), no Apartado 7 do artigo 17: "O Presidente, o Alto Representante da Unión para Asuntos Exteriores e Política de Seguridade e os demais membros da Comisión someteranse no seu conxunto ao voto de aprobación do Parlamento Europeo. Sobre a base desta aprobación, o Consello Europeo nomeará á Comisión por maioría cualificada".

Desta forma, a nova Comisión poderá comezar o seu mandato o vindeiro 1 de decembro de 2019.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante