Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/10/2019

Brexit: o Consello Europeo adopta a Decisión pola que se prorroga o prazo previsto no artigo 50

O presidente do Consello Europeo, Donald Tusk, anunciou a prórroga do Brexit ata o 31 de xaneiro. Fonte: © European Union 2019.jpg
  • Porén, a retirada pode facerse efectiva antes, ben o 1 de decembro de 2019 ou o 1 de xaneiro de 2020, no caso de que ambas as partes ratifiquen o Acordo de Retirada.
Bruxelas, 29 de outubro de 2019. O Consello Europeo adoptou unha Decisión pola que se prorroga o prazo previsto no artigo 50, apartado 3, do Tratado da Unión Europea, no marco da intención do Reino Unido de retirarse da UE. Este proceso de retirada do club europeo se vén desenvolvendo desde a celebración en xuño de 2016 dun referendo no país británico, cuxo resultado reflectiu a vontade popular da cidadanía do Reino Unido de abandonar a Unión Europea.

A prórroga durará ata o 31 de xaneiro de 2020 para deixar máis tempo para a ratificación do Acordo de Retirada por parte do Parlamento británico. A retirada pode producirse antes, o 1 de decembro de 2019 ou o 1 de xaneiro de 2020, no caso de que ambas as partes, UE e Parlamento británico ratifiquen o Acordo de Retirada.

Durante este período de prórroga o Reino Unido seguirá sendo un Estado membro con todos os dereitos e as obrigas establecidos nos Tratados e de conformidade co Dereito da Unión.

O Consello Europeo tomou esta decisión por unanimidade mediante o procedemento escrito, co acordo do Reino Unido. Este acordo manifestouse nunha carta que o primeiro ministro do Reino Unido, Boris Johnson, dirixiu ao presidente do Consello Europeo, Donald  Tusk. O Consello Europeo tamén acordou unha Declaración adxunta á Decisión.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante