Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

22/10/2019

O Parlamento Europeo examina os resultados da Comisión Juncker

O presidente do Parlamento Europeo, David Sasoli, saludando ao presidente saínte da Comisión, Jean Claude-Juncker. Fonte: © European Union 2019-EP.jpg
  • Os eurodeputados valoran os esforzos realizados por Jean-Claude Juncker á fronte do poder executivo da UE ante as numerosas crises que tivo que afrontar durante o seu mandato.
  • Con todo, os membros da Eurocámara consideran que se podía facer algo máis en materia social, loita contra o cambio climático e a protección do medio ambiente.
Bruxelas, 22 de outubro de 2019. Nun debate no pleno do Parlamento no que estivo presente Jean-Claude Juncker, os eurodeputados fixeron balance do traballo e os logros da Comisión saínte. Juncker avaliou os avances nos ámbitos prioritarios da Comisión, como o crecemento, o emprego e o investimento. Tamén se felicitou polo novo impulso a Europa e o compromiso cos cidadáns, e por poñer o foco nas grandes cuestións á vez que se recortaba o número de propostas lexislativas.

O presidente saínte da Comisión mostrouse decepcionado por non completar a unión bancaria -clave para facer fronte a futuras crises-, pero destacou o desenvolvemento do piar social e ás novas regras sobre traballadores desprazados como un paso importante para dar dignidade aos traballadores da UE.

Outros éxitos mencionados polo presidente Juncker foron as relacións con África e os 15 novos acordos comerciais. Aínda que ningún alcanza a importancia de manter a paz en Europa, segundo expresou el mesmo: «Debemos estar orgullosos de que se mantivo a paz en Europa». Ademais, Jean-Claude Juncker pediu aos eurodeputados que sigan loitando por Europa e contra o nacionalismo "estúpido".

Varios líderes dos grupos políticos do Parlamento Europeo agradeceron ao presidente da Comisión os seus esforzos durante o últimos cinco anos fronte ás crises económica e migratoria, así como na negociación do Brexit. Tamén o eloxiaron por non comprometer as liberdades e loitar contra a evasión fiscal. Algúns tamén destacaron os esforzos da Comisión para impulsar o investimento, reforzar o mercado único e garantir a seguridade da subministración enerxética.

Con todo, algúns deputados da Eurocámara criticaron á Comisión Juncker por non facer o suficiente para facer fronte ao cambio climático, lamentaron que as novas regras para protexer aos denunciantes son demasiado "tímidas" e incidiron en que os avances en materia social non foron suficientes.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante