Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

29/07/2019

Composición das delegacións interparlamentarias para a novena lexislatura do Parlamento Europeo

Composición das 44 delegacións interparlamentarias do Parlamento Europeo. Fonte: © European Union 2019 (EP).jpg
  • O órgano lexislativo da UE terá 44 delegacións interparlamentarias na lexislatura entrante, destinadas a manter relacións con parlamentos doutros países, rexións e diferentes organizacións.
Bruxelas, 29 de xullo de 2019. A Eurocámara terá un total de 44 delegacións  interparlamentarias na lexislatura que comeza, adicadas a manter relacións e fortalecer lazos con parlamentos doutros países, rexións e unha ampla gama de entidades e organizacións nacionais, internacionais e supranacionais.

O pleno do Parlamento do pasado 17 de xullo confirmou o número de membros que formarán cada delegación. A proposta que preparara a Conferencia de Presidentes foi aprobada nunha votación a man alzada.

Os eurodeputados asignados a cada unha das delegacións anunciáronse pola tarde dese mesmo día. Pode consultar a lista completa das 44 delegacións -as mesmas que na pasada lexislatura- e os seus membros no documento que se adxunta a esta noticia.

Entre outras, o Parlamento Europeo conta con delegacións na Asemblea Parlamentaria Euro-Latinoamericana, para as relacións con Mercosur, e exclusivas para Chile e México.

Papel das delegacións  interparlamentarias
As delegacións interparlamentarias manteñen relacións e intercambian información con parlamentarios doutros países, rexións e diversas organizacións de carácter nacional, internacional e supranacional. O obxectivo é fomentar os valores centrais da Unión Europea: liberdade, democracia, respecto polos dereitos humanos e liberdades fundamentais, e o Estado de Dereito.

A composición destas delegacións debe garantir unha representación equilibrada de Estados membros, visións políticas e xénero.

Próximos pasos
Os presidentes e vicepresidentes de cada delegación serán elixidos nas sesións constitutivas, previstas durante o próximo mes de setembro.


Documentos para descarga



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante