Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

10/09/2018

Estado da Unión 2018: xuntos ante os retos do futuro de Europa

Debate sobre o estado da Unión.jpg
  •  O discurso sobre o  Estado da Unión fai balance dos logros do ano anterior e presenta as prioridades para o seguinte.
  • O debate, que dará comezo o mércores 12 ás 9 da mañá pódese seguir online e a través das redes sociais empregando o hastag #SOTEU. 
Bruxelas, 10 de setembro de 2018. O curso político europeo empeza marcado por un acontecemento clave: o debate sobre o estado da Unión. O 12 de setembro ás 9 da mañá, o presidente da Comisión Europea, Jean-Claude  Juncker, abordará os retos comúns aos 27 países da UE sobre o futuro de Europa e manterá un debate cos eurodeputados que se alargará, aproximadamente, ata a 1 da tarde. 

Seguir o debate sobre o estado da Unión
O debate sobre o Estado da Unión pode seguirse a través de  webstreaming con tradución simultánea en español. Tamén se retransmitirá a través de Facebook onde poderás debater con outros usuarios interesados. Se a túa plataforma preferida é Twitter, tamén podes participar no debate desde co  hashtag #SOTEU

No  discurso do ano pasado, o presidente  Juncker expuxo a súa visión da  posible evolución da  Unión Europea ata 2025. A intervención veu acompañada de iniciativas concretas sobre comercio, control do investimento,  ciberseguridade, industria e datos.

Este ano, o discurso chega en vésperas das eleccións europeas de 2019 e no  contexto do debate sobre o  futuro da Unión Europea dos 27. Como entón, irá acompañado de novas propostas que traduzan as palabras en medidas inmediatas.

Que é o #SOTEU?
Cada ano, o  discurso sobre o  Estado da Unión fai balance dos logros do ano anterior e presenta as prioridades para o seguinte. Ademais, o  Presidente explica como abordará a Comisión os retos máis  apremiantes aos que se enfronta a  Unión Europea. O discurso vai seguido dun debate no  Pleno co que arrinca o  diálogo co  Parlamento Europeo e o  Consello para elaborar o programa de traballo da Comisión para o  añosiguiente.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante