Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

13/06/2018

O Parlamento Europeo reducirá o seu tamaño tras as eleccións de 2019

O Parlamento Europeo pasará a ter 705 eurodiputados tras o Brexit.jpg
  • O número de eurodeputados pasará de 751 a 705 tras o Brexit
  • Dos 73 escanos que quedarán libres coa saída do Reino Unido, 46 reservaranse para futuras ampliacións
  • Os 27 escanos restantes repartiranse entre 14 países; España recibirá 5

Bruxelas, 13 de xuño de 2018. A partir das vindeiras eleccións, que se celebrarán en maio de 2019, tras a saída do Reino Unido da UE, o Parlamento Europeo pasará a ter 705 eurodeputados dos 751 actuais. 

Ademais de reducir o tamaño da Cámara, os eurodeputados tamén confirmaron que 27 dos escanos liberados pola saída de Reino Unido se repartirán entre os países que, como España, agora están  infrarrepresentados. Os outros 46 postos quedarán en reserva con vistas á posible incorporación de novos Estados membros no futuro. 

España e Francia son os Estados membros máis beneficiados coa nova repartición de escanos, xa que obterán 5 adicionais. A delegación española no  PE pasará de 54 a 59 eurodeputados. 

Ademais de España e Francia (+5), terán máis eurodeputados Italia e Holanda (+3), Irlanda (+2), Polonia, Romanía, Suecia, Austria, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia, Croacia e Estonia (+1). Os outros 13 Estados membros manterán a representación actual.  

Nesta táboa pode consultar o número de escanos que corresponderán a cada país tras a redistribución. 

O proxecto de decisión, que o pleno aprobou con 566 votos a favor, 94  en contra e 31 abstencións, deixa claro que a nova distribución só entrará en vigor cando Londres abandone a Unión. En caso contrario, manterase a situación actual. 

Próximos pasos

A nova composición do  PE aínda necesita recibir o visto e prace definitivo dos líderes da UE, no cume que os reunirá en Bruxelas os vindeiros 28 e 29 de xuño. 

Antecedentes

Segundo o artigo 14(2) do Tratado da UE, o número de membros do Parlamento Europeo non pode ser superior a 750, máis o presidente. Tamén establece que a representación será “ decrecentemente proporcional”, cun mínimo de seis deputados por país e un máximo de 96.

En resumo, a proporcionalidade  decrecente implica que un país máis pequeno non pode ter máis escanos ca outro máis grande e que o cociente de habitantes por escano debe aumentar a medida que se incrementa a poboación. Así, a distribución de asentos na Cámara permite reflectir a evolución demográfica dos Estados membros.  

Fonte: Parlamento Europeo


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante