Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

05/04/2018

As cidades e rexións critican a estratexia de realización de reformas co enfoque descendente que propón a Comisión Europea

Olga Zrihen (BE/PSE).jpg Bruxelas, 05 de abril de 2018. Os membros do Comité Europeo das Rexións ( CDR) rexeitan a proposta da Comisión Europea de desviar diñeiro da política de cohesión para financiar reformas estruturais de arriba cara abaixo nos Estados membros. O ditame elaborado por Olga  Zrihen ( BE/PSE), deputada ao Parlamento de  Valonia, e aprobado no pleno do  CDR, fai fincapé na importancia de adoptar un enfoque combinado (ascendente e descendente) que inclúa a participación dos entes locais e rexionais no deseño e a aplicación dos procesos de reforma.

A proposta da Comisión Europea dun novo instrumento de reforma podería conceder apoio orzamentario aos Estados membros que se comprometan voluntariamente a realizar reformas estruturais complexas. Este apoio complementaríase con axuda técnica prestada a través do programa de apoio ás reformas estruturais. Para o período 2017-2020, a Comisión propuxo duplicar as asignacións financeiras iniciais do programa de apoio de 142,8 millóns de euros utilizando as marxes de flexibilidade do orzamento da UE e dando aos Estados membros a posibilidade de desviar recursos dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos a este programa.

O Comité Europeo das Rexións oponse firmemente á idea de desviar recursos dos Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos  EIE) —o principal instrumento de investimento da UE xestionado en asociación coas rexións e cidades— cara a un programa que se xestiona de forma centralizada, cun enfoque de arriba cara abaixo que non ten en conta as necesidades concretas das comunidades locais e o papel fundamental dos entes locais na consecución das reformas estruturais.

«A actual proposta carece de transparencia e de criterios de avaliación. Tamén é máis que cuestionable vincular e comprometer unha cantidade considerable de recursos financeiros nun instrumento que presta asistencia de maneira totalmente voluntaria. Queremos que a UE apoie reformas que teñan un valor engadido europeo, respecten as regras democráticas e marquen a diferenza sobre o terreo», sinalou Olga  Zrihen ( BE/PSE), deputada do Parlamento de  Valonia.

O relator advirte que non ter en conta aos entes locais e rexionais como socios das reformas estruturais sería un erro e que a falta de asunción é un os principais motivos dos lentos avances das reformas estruturais no marco do Semestre Europeo. Engadir unha dimensión territorial ao Semestre Europeo tendo en conta a diversidade territorial en Europa e garantindo a plena participación dos entes locais e rexionais nos programas nacionais de reforma sería un gran paso na boa dirección.

«Todo vínculo máis profundo entre as reformas estruturais pertinentes para a UE e a política de cohesión fai aínda máis importante democratizar o Semestre Europeo a escala europea. Complementalo cun código de conduta que fixe os patróns para a participación dos entes locais e rexionais incrementaría a eficiencia e a asunción do proceso. Os principios de  subsidiariedade, proporcionalidade e asociación deberían constituír os cimentos comúns non só da política de cohesión, senón tamén de todas as políticas da UE que apoien as reformas estruturais», afirmou Zrihen.

Respecto dos novos instrumentos orzamentarios para a zona do euro que propuxo a Comisión Europea en decembro de 2017, o ditame apoia a creación dun instrumento para atallar as perturbacións  asimétricas. Con todo, para ser eficaz, calquera posible apoio non debe  solaparse cos instrumentos existentes, como os Fondos Estruturais e de Investimento Europeos (Fondos  EIE) e o Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos (FEIE), senón complementalos. Así mesmo, o  CDR dá o seu visto e prace á proposta de  instituir unha liña de crédito ou garantías no seo do futuro Fondo Monetario Europeo, no caso de que o Fondo Único de Resolución (que xestiona o impacto dos bancos en quebra na economía real e as finanzas públicas) resulte insuficiente.

Máis información:

• Ditame: O Programa de apoio ás reformas estruturais modificado e novos instrumentos orzamentarios para a zona do euro

• Resolución sobre a modificación do Regulamento que establece as disposicións comúns para os Fondos  EIE co obxectivo de apoiar as reformas estruturais

• Ditame: Programa de apoio ás reformas estruturais para o período 2017-2020

• Estudo: Mellorar o Semestre Europeo grazas á participación dos entes locais e rexionais (en inglés)

Fonte: Comité Europeo das Rexións 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante