Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/02/2018

O Parlamento Europeo reducirá o seu tamaño tras o brexit

© European Union 2014 - EP
  • O número de eurodeputados pasará de 751 a 705
  • Dos 73 escanos que quedarán libres coa saída do Reino Unido, 46 reservaranse para futuras ampliacións
  • O pleno descarta propor a creación de listas paneuropeas
  • Os 27 escanos restantes repartiranse entre 14 países; España recibirá 5
Bruxelas, 7 de febreiro de 2018. O pleno do PE apoiou o mércores reducir o tamaño da Cámara, redistribuír 27 dos escanos liberados entre os países que, como España, agora están infrarrepresentados e deixar outros 46 en reserva con vistas á posible incorporación de novos Estados membros no futuro.

Os eurodeputados rexeitaron expor a creación de listas transnacionais para as eleccións europeas.

España e Francia son os Estados membros máis beneficiados coa nova repartición de escanos, xa que obterán 5 adicionais. A delegación española no PE pasará de 54 a 59 eurodeputados.

Listas paneuropeas rexeitadas

O Parlamento descartou a proposta da comisión de Asuntos Constitucionais de establecer unha circunscrición electoral común que abarque todo o territorio da UE, e a creación de listas paneuropeas. En todo caso, a introdución das mesmas requiriría a reforma da lei electoral, que debe ser aprobada por unanimidade do Consello de Ministros, e ratificada por todos os Estados membros.

Os eurodeputados destacan que dita modificación da lexislación electoral debería aprobarse ?como mínimo un ano antes das eleccións europeas?.

Nova distribución de escanos entre os 27 Estados membros

Os outros 27 escanos que a saída do Reino Unido deixará baleiros repartiranse entre 14 Estados que agora están lixeiramente infrarrepresentados en relación á súa poboación.

Ademais de España  e Francia (+5), terán máis eurodeputados Italia e Holanda (+3), Irlanda (+2), Polonia, Romanía, Suecia, Austria, Dinamarca, Eslovaquia, Finlandia, Croacia e Estonia (+1). Os outros 13 Estados membros manterán a representación actual.

O pleno deixa claro que a nova repartición só se aplicará se Reino Unido sae da Unión. En caso contrario, manterase a situación actual.

A proposta de decisión do Consello Europeo foi aprobada con 431 votos a favor, 182 en contra e 61 abstencións.

Próximos pasos

Tras recibir o respaldo do pleno, a iniciativa lexislativa pasará agora ao Consello Europeo (Xefes de Estado e de Goberno), que deberá aprobala por unanimidade. Será entón devolta ao Parlamento para unha votación final si/non, sen posibilidade de modificación adicional. A composición do Parlamento Europeo é un dos temas que previsiblemente discutirán os líderes da UE no cume informal que os reunirá o 23 de febreiro.

Fonte: Parlamento Europeo
 

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante