Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/12/2017

Resumo do Pleno do Parlamento Europeo: Premio Sájarov, loita contra a evasión fiscal e política agrícola

Momento da entrega do premio Sájarov. © Unión Europea
  • A oposición democrática de Venezuela recibiu o Premio Sájarov, nunha semana na que o PE aprobou recomendacións para evitar a fraude fiscal e simplificar a política agraria da UE

Bruxelas, 18 de decembro de 2017. O Parlamento Europeo (PE) acolleu na súa sede de Estrasburgo a última sesión plenaria do ano. A entrega do Premio Sájarov, a loita contra a evasión fiscal, a simplificación da política agrícola ou o Brexit foron os principais temas tratados polos eurodeputados.

Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia

Os representantes da oposición democrática de Venezuela recibiron o premio  Sájarov á liberdade de conciencia 2017 nunha cerimonia que tivo lugar no pleno do mércores. “Este premio é para todos os venezolanos do mundo”, subliñou o presidente do Parlamento, Antonio  Tajani, durante a entrega do galardón. Ademais, pediu ao país que “restaurase a democracia, a dignidade e a liberdade”.

Propostas para evitar a evasión fiscal-política agrícola

O mércores, o pleno apoiou as recomendacións da comisión de investigación do  PE sobre o lavado de capitais, a evasión e  elusión fiscal (PANA) para evitar as prácticas reveladas nos coñecidos como “Papeis de Panamá”. Mellorar a regulación dos intermediarios financeiros, rexistros públicos de propietarios reais e protección para os denunciantes son algunhas delas.

O pleno acordou o martes simplificar a política agraria da UE, aumentar a capacidade negociadora dos produtores fronte aos supermercados e preparalos mellor ante imprevistos.

Plan de investimentos europeo

Os eurodeputados aprobaron ampliar o Fondo Europeo para Investimentos Estratéxicos, que mobiliza o investimento e financia proxectos innovadores, ata 2020 e ampliar a súa dotación a 500.000 millóns de euros.

En España, o financiamento con cargo a este plan de investimentos ascende a 5.156 millóns de euros.

Brexit

O mércores o Parlamento deu luz verde ao informe conxunto da UE e o Reino Unido sobre as conversacións do Brexit e recomendoulles iniciar a segunda fase de negociación.

Televisión e radio online

Os eurodeputados acordaron tamén comezar as negociacións co Consello sobre as novas normas que buscan ampliar a oferta na UE de programas de televisión e radio por internet. Esta proposta pretende facilitar ás cadeas de televisión e radio que ofrezan os seus informativos e programas de actualidade noutros países da UE simplificándolles o proceso de liquidación dos dereitos de autor.

Dereitos humanos

Pola súa banda, a Unión Europea debería esforzarse máis por promover e defender a liberdade de crenza, fortalecer a Corte Penal Internacional para que poida axuizar aos combatentes do Estado Islámico e contrarrestar as violacións dos dereitos dos migrantes e trata de persoas. Así o acordaron os eurodeputados nunha resolución votada o mércores sobre o estado dos dereitos humanos no mundo durante 2016.

Fonte: Parlamento Europeo


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante