Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

31/10/2017

Resumo do pleno do Parlamento Europeo: control de fronteiras, premio Sájarov ou prohibición do glifosato entre os temas tratados

Imaxe dos exteriores da sede do Parlamento Europeo en Estrasburgo. © Unión Europea
  • O Parlamento Europeo celebrou a súa sesión plenaria a semana pasada en Estrasburgo
  • Os eurodeputados debateron de asuntos como o control de fronteiras, o Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia, a prohibición do glifosato, a nova directiva sobre traballadores transfronteirizos ou o orzamento da UE para 2018

Bruxelas, 31 de outubro de 2017. O Parlamento Europeo celebrou a súa sesión plenaria a semana pasada en Estrasburgo, na que os eurodeputados debateron de asuntos como o control de fronteiras, o Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia, a prohibición do glifosato, a nova directiva sobre traballadores transfronteirizos ou o orzamento da UE para 2018.


Gañador do Sájarov (Sakharov) 2017

Tras a decisión do presidente Antonio Tajani e os líderes dos grupos políticos do Parlamento o pasado xoves, a Oposición Democrática de Venezuela foi laureada este ano polo Premio Sájarov á Liberdade de Conciencia. A cerimonia levarase a cabo en Estrasburgo o 13 de decembro.

 

Glifosato

Os eurodeputados rexeitaron esta semana unha proposta da Comisión para renovar a licenza de herbicidas a base de glifosato. En cambio, pediron que se prohibise a substancia a finais de 2022.

 

Fortalecemento das fronteiras de Europa

O mércores pasado, o Parlamento apoiou un sistema electrónico común para acelerar os controis nas fronteiras exteriores da zona Schengen. O novo sistema de entrada / saída rexistrará información sobre viaxeiros de fóra da UE e tamén se pode utilizar para axudar a combater o terrorismo e o crime organizado.

 

Asasinato de Malta e denunciantes

A sesión plenaria honrou tamén a memoria da xornalista de investigación maltés Daphne Caruana Galizia cun minuto de silencio. Caruana Galizia, que descubriu abusos de poder e corrupción en Malta, foi asasinada o 16 de outubro. Neste sentido, os eurodeputados pediron protección en toda a UE para os denunciantes que actúan en interese público.

 

Traballadores desprazados

As negociacións co Consello sobre as regras revisadas para o desprazamento de traballadores poden poñerse en marcha despois de que o Parlamento dese luz verde o mércores. Os eurodeputados queren garantir unha mellor protección dos traballadores desprazados e unha competencia leal para as empresas e os traballadores locais.

 

Orzamento da UE para 2018

Nunha votación que aprobou a posición do Parlamento sobre o orzamento da UE para 2018, os eurodeputados pediron fondos adicionais para investigación, proxectos de infraestrutura e para combater o desemprego xuvenil. O Parlamento Europeo establecerá conversacións co Consello.

 

Cancerígenos

Máis da metade (53%) de todas as mortes relacionadas co traballo na UE están relacionadas co cancro. O mércores, os membros do Parlamento Europeo aprobaron novas regras para protexer mellor ás persoas da exposición a carcinógenos e mutágenos no lugar de traballo.

 

Futuro de Europa

Ademais, nun debate sobre as recentes conclusións do cume da UE, os eurodeputados pediron máis solidariedade dentro da UE. Na súa intervención final durante o debate, o presidente Antonio Tajani dixo: ”Non é posible falar do futuro da UE, a súa unión monetaria ou as súas políticas se non hai vontade de defender os nosos valores fundamentais”.

O próximo pleno terá lugar a semana do 13 de novembro en Estrasburgo.

Ligazón á nova


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante