Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

03/08/2017

23 cidades ofrécense para albergar as axencias da UE con sede no Reino Unido

Infográfico das cidades candidatas para albergar as axencias da UE baseadas no Reino Unido. © Unión Europea
  • Recibíronse 19 ofertas para albergar a Axencia Europea de Medicamentos (EMA) e 8 para a Autoridade Bancaria Europea (ABE)
  • As dúas axencias teñen que ser recolocadas no contexto da retirada do Reino Unido da UE
  • As futuras sedes serán aprobadas de común acordo entre os Estados membros da UE-27 o próximo mes de novembro

Bruxelas, 3 de agosto de 2017. O Consello da Unión Europea recibiu 27 propostas dos Estados membros, relativas a 23 cidades, para albergar as axencias da UE que actualmente teñen a súa sede no Reino Unido. Recibíronse 19 ofertas para albergar a Axencia Europea de Medicamentos (EMA) e 8 para a Autoridade Bancaria Europea (ABE). Todas as ofertas están dispoñibles no sitio web do Consello Europeo.

As dúas axencias teñen que ser recolocadas no contexto da retirada do Reino Unido da UE. As futuras sedes deben ser aprobadas de común acordo entre os Estados membros da UE-27. O 22 de xuño de 2017, en paralelo ao Consello Europeo (Artigo 50), os dirixentes da UE-27 aprobaron un procedemento específico para esta decisión. A primeira fase consistiu na presentación das ofertas por parte dos Estados membros antes do 31 de xullo de 2017.

 

Axencia Europea de Medicamentos

Estas son as cidades propostas para albergar a EMA:

  • Ámsterdam (Países Baixos)
  • Atenas (Grecia)
  • Barcelona (España)
  • Bonn (Alemaña)
  • Bratislava (Eslovaquia)
  • Bruxelas (Bélxica)
  • Bucarest (Romanía)
  • Copenhague (Dinamarca)
  • Dublín (Irlanda)
  • Helsinqui (Finlandia)
  • Lille (Francia)
  • Milán (Italia)
  • Porto (Portugal)
  • Sofía (Bulgaria)
  • Estocolmo (Suecia)
  • Malta (Malta)
  • Viena (Austria)
  • Varsovia (Polonia)
  • Zagreb (Croacia)

A Axencia Europea de Medicamentos (EMA) encárgase da avaliación científica, a supervisión e a vixilancia farmacolóxica na UE. A EMA é esencial para o funcionamento do mercado único dos medicamentos na UE.

 

Autoridade Bancaria Europea

Estas son as cidades propostas para albergar a ABE:

  • Bruxelas (Bélxica)
  • Dublín (Irlanda)
  • Frankfurt (Alemaña)
  • París (Francia)
  • Praga (República Checa)
  • Luxemburgo (Luxemburgo)
  • Viena (Austria)
  • Varsovia (Polonia)

A Autoridade Bancaria Europea (ABE) vela por unha regulación e unha supervisión prudenciais efectivas e constantes en todo o sector bancario europeo. Entre outras tarefas, a ABE avalía os riscos e os puntos vulnerables do sector bancario da UE mediante informes periódicos de avaliación de riscos e probas de resistencia a escala da UE.

 

Criterios de avaliación

As solicitudes avaliaranse sobre a base de seis criterios acordados polos 27 Estados membros:

  • garantía de que a axencia sexa operativa cando o Reino Unido abandone a UE
  • accesibilidade da localización
  • escolas para os fillos do persoal
  • acceso ao mercado laboral e atención sanitaria para as familias dos empregados
  • continuidade da actividade
  • diseminación xeográfica

 

Seguintes etapas

A Comisión publicará unha avaliación das ofertas sobre a base dos criterios acordados, como moi tarde, o 30 de setembro de 2017. Os ministros manterán un debate político a teor da avaliación da Comisión en outubro de 2017, en paralelo ao Consello de Asuntos Xerais (Art. 50).

A decisión adoptarase en paralelo ao Consello de Asuntos Xerais (Art. 50) de novembro de 2017 por votación dos vinte e sete ministros. Todas as ofertas, excepto as que fosen retiradas polos Estados membros de que se trate, someteranse a votación. A votación comprenderá as roldas de votación sucesivas que sexan necesarias; os votos emitiranse en votación secreta e cada un dos vinte e sete Estados membros terá o mesmo número de votos.

Fonte: Consello da UE

Información sobre a recolocación das axencias da UE con sede no Reino Unido


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legal Protección datos Perfil de contratante