Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2019

A Comisión facilita aos cidadáns acceder de maneira segura á información sanitaria a través das fronteiras

A Comisión facilita aos cidadáns acceder de maneira segura á información sanitaria a través das fronteiras.jpg
  •  A Comisión presenta hoxe un conxunto de recomendacións para a creación dun sistema seguro que permita aos cidadáns acceder aos seus historiais médicos electrónicos en todos os Estados membros.
Bruxelas, 6 de febreiro de 2019. Na actualidade, a capacidade dos cidadáns europeos de acceder a eses historiais en toda a UE varía considerablemente segundo os países. Aínda que algúns cidadáns poden acceder a parte dos seus historiais médicos electrónicos a nivel nacional ou transfronteirizo, outros moitos teñen un acceso dixital limitado ou nulo. Por este motivo, a Comisión fixo públicas hoxe recomendacións que facilitarán un acceso transfronteirizo seguro e en plena conformidade co Regulamento xeral de protección de datos.

Os Estados membros xa comezaron a facer accesibles e intercambiables a través das fronteiras algunhas partes dos historiais médicos electrónicos. Dende o 21 de xaneiro do 2019, os cidadáns finlandeses poden comprar medicamentos empregando as súas receitas electrónicas en Estonia e os médicos luxemburgueses pronto poderán acceder aos historiais médicos dos pacientes checos.

As recomendacións presentadas hoxe propoñen que os Estados membro amplíen isto a tres novos ámbitos do historial médico, a saber, as probas de laboratorio, os informes de alta médica e as imaxes e imaxinería médicas. Paralelamente, a iniciativa facilita a elaboración das especificacións técnicas que deberán empregarse para intercambiar historiais médicos en cada caso.

Como resultado, o acceso aos historiais médicos completos e persoais en toda a UE pode arroxar enormes vantaxes aos cidadáns europeos, tales como as seguintes:
  • En caso de accidente durante unha viaxe a outro Estado membro da UE, os médicos terán acceso inmediato á información do paciente, por exemplo, sobre afeccións crónicas, alerxias ou intolerancias a determinados medicamentos. Isto pode aumentar considerablemente a súa capacidade de prescribir o tratamento máis eficaz e oportuno.
  • Aumentará a calidade e garantirase o mantemento da atención aos cidadáns que se despracen pola Unión Europea.
  • Fomentarase a investigación médica sobre grandes problemas sanitarios, como as enfermidades crónicas e neurodexenerativas, ao facilitarse o intercambio de información. Isto estará suxeito ao consentimento do cidadáns, o cal é lóxico e atense plenamente ás normas europeas en materia de protección de datos.
  • Apoiarase a eficiencia e a sustentabilidade dos sistemas sanitarios, por exemplo, mediante o intercambio das probas recentes de laboratorio ou radioloxía dun paciente. Deste modo, un hospital doutro Estado membro non terá que repetir probas similares, de maneira que se aforrará tempo e se reducirán os gastos hospitalarios.
Próximas etapas
Para seguir fomentando este intercambio de información, establecerase un proceso conxunto de coordinación entre a Comisión e os Estados membro. Isto permitirá recibir contribucións e opinións das partes interesadas, tales como representantes do sector, profesionais da saúde e representantes dos pacientes, tanto a nivel nacional como da UE.

O proceso conxunto de coordinación garantirá a participación de todas as partes interesadas no proceso de elaboración do formato de intercambio dos historiais médicos electrónicos (HME). Os Estados membro, dentro da rede de sanidade electrónica, establecerán directrices prácticas para a aplicación e o seguimento dos avances.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante