Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

07/04/2017

Fin do roaming: eliminado o último escollo

Andrus Ansip, comisario europeo de Mercado Único Dixital, durante a súa comparecencia no Parlamento. © Unión Europea
  • O Parlamento Europeo apoiou o acordo do Consello e aprobou a supresión total dos sobrecustos que os usuarios pagan por utilizar o móbil no estranxeiro
  • Desde o 15 de xuño, os cidadáns da UE poderán chamar, enviar sms ou conectarse a internet co móbil noutro Estado membro sen pagar máis

Bruxelas, 7 de abril de 2017. O Parlamento Europeo eliminou este xoves o último obstáculo para lograr a supresión total dos sobrecustos que os usuarios pagan por utilizar o móbil no estranxeiro. O fin das recargas por itinerancia, previsto para o 15 de xuño de 2017, permitirá aos cidadáns da UE chamar, enviar sms ou conectarse a internet co móbil noutro Estado membro sen pagar máis por iso.

“Esta é unha gran vitoria para os consumidores europeos”, sinalou Miapetra Kumpula-Natri (S&D, Finlandia), responsable da tramitación parlamentaria do texto. “A partir do 15 de xuño non haberá máis recargas por itinerancia. Os europeos poderán acceder ao seu correo electrónico, consultar un mapa, subir fotos ás redes sociais, chamar e escribir no estranxeiro sen pagar máis por iso”, engadiu.

O pleno apoiou o acordo alcanzado co Consello para limitar os prezos que os operadores se cobran entre eles polos servizos de telefonía noutros países. O texto saíu adiante con 549 votos a favor, 27 en contra e 50 abstencións. Este era o único elemento pendente para suprimir o roaming, unha proposta da Comisión que se leva tramitando desde 2014.

O acordo informal entre o Consello e o Parlamento sobre os prezos almacenistas determina canto poden cobrarse os operadores polo uso da súa rede para efectuar servizos transfronteirizos. Os prezos almacenistas afectan o prezo final que pagan os usuarios de telefonía móbil.

 

Novas tarifas:

Chamadas: €0.032

 

Gigabyte: €7.7 (15/06/2017), €6 (01/01/2018), €4.5 (01/01/2019), €3.5 (01/01/2020), €3 (01/01/2021), €2.5 (01/01/2022) /2020), €3 (01/01/2021), €2.5 (01/01/2022)

 

SMS: €0.01


Fonte: Parlamento Europeo


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante