Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

09/10/2020

Coronavirus: a Comisión Europea consulta aos Estados membros sobre a proposta de prorrogar e axustar o Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal.

5142F_1602247159_corona.jpg

Bruxelas, 8 de outubro do 2020. O pasado 2 outubro de 2020, a Comisión Europea enviou aos Estados membros, para a súa consulta, un proxecto de proposta para prorrogar ata o 31 de xuño de 2021 o Marco Temporal relativo ás medidas de axuda estatal, adoptado o 19 de marzo de 2020 para apoiar a economía no contexto da pandemia de coronavirus.

Como xa se anunciou no momento da súa adopción en marzo de 2020, a Comisión está a valorar a necesidade de prorrogar o Marco temporal máis aló da súa validez actual ata o 31 de decembro de 2020, en función de importantes consideracións económicas ou de política de competencia. A Comisión enviou aos Estados membros para a súa consulta un proxecto de proposta a fin de:

1.    Prorrogar, cos límites actuais, as disposicións vixentes do Marco temporal (incluído o apoio á liquidez) por un período adicional de seis meses (ata o 30 de xuño de 2021): Trátase de permitir que os Estados membros apoien ás empresas no contexto da crise do coronavirus, especialmente cando a necesidade ou a capacidade de utilizar o Marco temporal non se materializou plenamente ata a data, protexendo así as condicións de competencia equitativas.

2.    Ampliar o ámbito de aplicación do Marco Temporal (tendo en conta a incerteza económica persistente e as necesidades das empresas con perdas significativas no seu volume de negocios): para que os Estados membros poidan:

  • Contribuír aos custos fixos das empresas non cubertos polos seus ingresos
  • Apoiar a estas empresas mediante a contribución a unha parte dos seus custos con carácter temporal para previr a deterioración do seu capital, manter a súa actividade empresarial e facilitarlles unha sólida base para recuperarse.

3.    Adaptar as condicións aplicables ás medidas de  recapitalización con arranxo ao Marco Temporal: en particular no referido á saída do Estado de empresas nas que era accionista antes da  recapitalización. Os cambios propostos permitirán ao Estado saír do capital destas empresas mediante unha taxación independente, mantendo ao mesmo tempo as salvaguardias para preservar unha competencia efectiva no mercado único.

Os Estados membros teñen agora a posibilidade de formular observacións sobre o proxecto de proposta da Comisión.

Contexto

O Marco Temporal modificouse o 3 de abril de 2020 por primeira vez con obxecto de aumentar as posibilidades de apoio público á investigación, aos ensaios e a produción de produtos para loitar contra a pandemia de coronavirus, protexer o emprego e seguir apoiando a economía.

O 8 de maio de 2020, a Comisión adoptou unha segunda modificación pola que se ampliaba o ámbito de aplicación do Marco Temporal a medidas relativas á  recapitalización e a débeda subordinada.

O 29 de xuño de 2020, a Comisión adoptou unha terceira modificación que amplía o ámbito de aplicación do Marco Temporal a fin de seguir apoiando as  microempresas, as pequenas empresas e as empresas emerxentes, e incentivar os investimentos privados.

O Marco temporal debía expirar inicialmente o 31 de decembro de 2020, salvo no caso das medidas de recapitalización, que podían concederse ata o 30 de xuño de 2021. Agora, espérase unha prolongación adicional por un período de 6 meses, ata o 30 de xuño de 2021.

Fonte: Comisión Europea




Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante