Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

24/09/2020

A Comisión propón aportar 81.400 millóns de euros en concepto de axuda financeira a 15 Estados membros con cargo ao programa SURE

5103F_1600960316_eu_solidarity.jpg
  • O programa SURE pode facilitar axuda financeira por valor de ata 100.000 millóns de euros e a proposta da Comisión ao Consello, aínda pendente de aprobación, pretende aportar 81.400 millóns a 15 Estados membros con cargo a dito instrumento.
  • A suma correspondente a España é de 21.300 millóns de euros.

Bruxelas 24 de setembro do 2020. A Comisión Europea presentou propostas ao Consello para a adopción dunha decisión pola que se concedan axudas financeiras por valor de 81.400 millóns de euros a 15 Estados membros con cargo ao instrumento SURE.

Dito instrumento é un elemento crucial na estratexia global da Comisión para protexer aos cidadáns e paliar as consecuencias socioeconómicas negativas da COVID-19, sendo este unha das tres redes de seguridade acordadas polo Consello Europeo para protexer aos traballadores, as empresas e aos países.

Unha vez que o Consello aprobe estas propostas, a axuda financeira concederase en forma de préstamos en condicións favorables aos Estados membros, asistíndoos á hora de facer fronte aos aumentos repentinos do gasto público derivados do mantenemento de emprego. Concretamente, axudarán aos Estados membros a sufragar os costes relacionados coa financiación dos réximes nacionais de redución do tempo de traballo e outras medidas similares que foran adoptadas como resposta á crise, particularmente para os traballadores por conta propia.

Trala consulta aos Estados, a Comisión propoñe ao Consello que aprobe a concesión de axudas financeiras a:

Bélxica

7.800 millóns de euros

 

Letonia

192 millóns de euros

Bulgaria

511 millóns de euros

 

Lituania

602 millóns de euros

Chequia

2.000 millóns de euros

 

Malta

244 millóns de euros

Grecia

2.700 millóns de euros

 

Polonia

11.200 millóns de euros

España

21.300 millóns de euros

 

Romanía

4.000 millóns de euros

Croacia

1.000 millóns de euros

 

Eslovaquia

631 millóns de euros

Italia

27.400 millóns de euros

 

Eslovenia

1.100 millóns de euros

Chipre

479 millóns de euros

 

 

 

O SURE pode facilitar axuda financeira por valor de ata 100.000 millóns de euros a través de préstamos que estarán apoiados por un sistema de garantías voluntarias dos Estados membros. A Comisión agarda que os Estados ultimen os seus acordos de garantía para poder acudir aos mercados na procura destes cartos.

Portugal e Hungría presentaron tamén solicitudes que se están a estudiar. O resto de Estados membros aínda poden facelo no futuro.

 

Contexto:

Como parte da resposta a crise da COVID-19, a Comisión propuxo SURE a principios de abril como programa para preservar o emprego e os medios de subsistencia. Os Estados membros reunidos no Consello adoptaron o Regulamento polo que se creou SURE o 19 de maio de 2020.

A contribución de cada Estado membro ao importe total da garantía corresponde á súa porcentaxe relativa respecto ao total da renta nacional bruta (RNB) da Unión, sobre a base do orzamento da UE para 2020.

 

Fonte: Comisión Europea

 


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante