Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

18/09/2020

Novas medidas de apoio para pemes co Instrumento de Garantía EaSI de 400 millóns de euros

5093F_1600766529_Financiaci__n_de_PYMES.jpg

Bruxelas, 18 de setembro de 2020. O Fondeo Europeo de Investimento (FEI) e a Comisión Europea melloraron as condicións de acceso ao financiamento do Instrumento de Garantía EaSI para microprestatarios, microempresas e empresas sociais afectadas polas consecuencias socioeconómicas da pandemia do coronavirus.

Normalmente, as pemes adoitan empregar ás persoas máis vulnerables da sociedade e, ademais, son aquelas que se ven máis afectadas durante as recesións económicas. Por iso, o obxectivo principal do Instrumento de Garantía EaSI é salvagardar a sua supervivencia para protexer o tecido económico e as comunidades locais da UE.

O Instrumento de Garantía EaSI funciona de tal maneira que o FEI non proporciona financiamento directamente ás pemes, senón que ofrece garantías e contragarantías aos intermediarios financeiros, quen posteriormente outorgan préstamos ás pequenas empresas para mitigar o aumento repentino no risco percibido pola pandemia de coronavirus, aliviando as limitacións de capital de traballo e liquidez das pemes.

As novas medidas de apoio serán accesibles aos intermediarios financeiros, que potencialmente axudarán a miles de empresas a beneficiarse das garantías do EaSI. Polo momento, o FEI desbloqueou unha serie de garantías (financiadas con débeda europea) que permitirán o acceso a financiamento de 1 400 millones de euros para máis de 85 000 microempresas e empresas sociais de toda Europa.

No futuro, a Comisión Europea e o FEI seguirán traballando na adopción de medidas adicionais para utilizar todas as ferramentas dispoñibles e, así, garantir unha recuperación económica inclusiva e resiliente para as pemes da UE, que aborde as consecuencias económicas da pandemia no tecido empresarial.

 

Fonte: Comisión Europea


Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante