Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

28/05/2020

O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia convértese na peza clave do Plan de Recuperación

4972F_1590682319_Mecanismo_de_Recuperacio__n_e_Resiliencia.jpg
  • A Comisión europea vén de presentar a súa proposta para un Plan de Recuperación, na que Next Generation EU, que conta cun orzamento de 750 mil millóns de euros, se configura como un novo instrumento de recuperación integrado no Marco Financeiro Plurianual. 
  • O Mecanismo de Recuperación e Resiliencia converterase no eixo de Next Generation EU. Contará cun orzamento de 560 mil millóns de euros e ofrecerá apoio financeiro para investimentos e reformas, vinculándoas ás prioridades da UE. 

Bruxelas, 28 de maio de 2020- O investimento público desempeñará un papel fundamental na recuperación tras a crise sanitaria. Debido a isto, a Comisión Europea, na súa proposta para un Plan de Recuperación, establece que a maior parte do financiamento recadado por Next Generation EU (máis do 80%) será empregado para apoiar o investimento e as reformas nos Estados membros, alí onde as necesidades derivadas do impacto da crise sexan maiores. 

Para que isto sexa posible, crearase o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia, peza central do Plan de Recuperación, o cal se desagrega do seguinte xeito:
  • Obxectivo: apoiar o investimento e as reformas esenciais para unha recuperación duradeira, mellorar a resiliencia económica e social dos EEMM e apoiar a transición ecolóxica e dixital. 
  • Dispoñibilidade: todos os Estados membros poderán acceder a este Mecanismo, pero o apoio concentrarase nas zonas da UE máis afectadas, nas que as necesidades de resiliencia sexan maiores, o que axudará a contrarrestar as diverxencias crecentes entre os EEMM.
  • Vínculo co Semestre Europeo: o Mecanismo integrarase na dinámica do Semestre Europeo. Os Estados membros elaborarán Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia como anexo ós seus Programas de Reforma, baseados nas prioridades de investimento e reforma identificadas durante o Semestre Europeo, en liña cos Plans Nacionais de Enerxía e Clima, os Plans Nacionais de Transición Xusta e os Programas Operativos. Os Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia establecerán, pois, unha axenda coas prioridades de investimento e reforma e as medidas de investimento que se financiarán no marco do Mecanismo durante os próximos catro anos, ata 2024.
  • Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia: serán presentados polos EEMM e a Comisión Europea. Poden facelo cada ano ata 2022 (recoméndase que o fagan xa en 2021) a máis tardar o 30 de abril de cada ano, pero xa podería presentarse un borrador primeiro xunto co seu orzamento nacional en outubro. A Comisión avaliará este Plans e, se o resultado é satisfactorio, adoptará unha decisión que estableza a contribución financeira da que se beneficiará o Estado membro (xa sexa subvención, préstamo ou ambos) Os Plans, adoptados mediante procedemento de Comitoloxía, serán comunicados tanto ó Parlamento Europeo como ó Consello. Este último tamén terá a oportunidade de debatelos no contexto do Semestre Europeo.
  • Presenta un carácter voluntario: os EEMM deberán decidir nos seus Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia se solicitan subvencións, préstamos ou ambos. 
  • Orzamento: 560 mil millóns de euros, dos cales 310 mil millóns corresponden a subvencións e 250 mil millóns, a préstamos: i) Subvencións: determinarase un importe máximo por Estado membro en función dunha clave de reparto predefinida que teña en conta a poboación, o PIB per capta e o desemprego. Os EEMM máis afectados serán os máis beneficiados: ii) Préstamos: estarán xustificados polas necesidades financeiras vinculadas ós Plans Nacionais de Recuperación e Resiliencia presentados polos EEMM. O volume máximo de préstamos para cada Estado mémbro non superará o 4,7% da súa REnda Nacional Bruta. Porén, será posible un aumento en circunstancias excepcionais suxeito ós recursos dispoñibles. 
  • Características do financiamento: o apoio financeiro (a gran escala) será destinado a investimentos e reformas que fagan que as economías dos EEMM sexan máis resilientes, centrándose nas necesidades de investimento derivadas da transición verde e dixital. Axudará ós EEMM a abordar os desafíos económicos e sociais máis perentorios tras a crise en diversas áreas (o emprego, a I+D+i, educación, saúde, a administración pública ou o sector financeiro, entre outros) 
  • Outros: o Mecanismo de Recuperación e Resiliencia e un Instrumento de Soporte Técnico (con regulamentos independentes) substituirán ó Programa de Apoio ás Reformas, incluído na proposta da Comisión Europea sobre o Marco Financeiro Plurianual 2021-2027 como continuación do Programa de Apoio ás Reformas Estruturais (SRSP) actual.  

Máis información

Preguntas e respostas sobre o Mecanismo de Valoración e Resiliencia

Proposta lexislativa Mecanismo

Proposta lexislativa Mecanismo- Anexo

Proposta lexislativa Instrumento de Soporte Técnico

Proposta lexislativa Instrumento de Soporte Técnico-Anexo




Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante