Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

20/05/2020

Os ministros de Cultura e Audiovisual da UE debaten o impacto da crise de COVID-19 nos sectores culturais e creativos

4955F_1589974159_49912020181_7102ccfc07_cc03da062-3ab6-4eab-87bf-acd972f7ad19.jpg
A ministra de Cultura de Croacia, Nina Obuljen Koržinek, presidiu unha videoconferencia dos Ministros de Cultura e Audiovisual da UE, coa participación da comisaria europea de Innovación, Investigación, Cultura, Educación e Mocidade, Mariya Gabriel.

Bruxelas 20 de maio de 2020. A videoconferencia centrouse nas consecuencias que a crise de COVID-19 segue tendo nos sectores culturais e creativos. Os ministros compartiron os seus plans sobre os próximos pasos que deben darse no contexto da reapertura de espazos culturais e a continuación de eventos e producións artísticas.

Os ministros examinaron as repercusións actuais da crise nos sectores da cultura e a creación e as posibles formas de volver involucrar aos artistas e ao público nunha nova situación social e económica.

Os ministros intercambiaron opinións sobre os resultados da aplicación do primeiro paquete de medidas e as propostas previstas que contemplan a eliminación progresiva das restricións que permitirán renovar as actividades culturais en toda Europa. Tamén debateron sobre as leccións aprendidas desde o comezo da crise e os consecuentes cambios potenciais na contorna cultural e creativa.

Ademais, os ministros fixeron fincapé na necesidade de elaborar un enfoque europeo conxunto que responda as necesidades dos sectores e de aplicar a máxima flexibilidade na execución do programa Europa Creativa e o seu futuro no próximo período de sete anos, en relación coa súa aplicación e financiamento, especialmente en vista da igualdade de condicións.

Os ministros destacaron que a alfabetización mediática é unha compoñente clave na loita contra as noticias falsas e a desinformación e lembraron tamén a importancia da liberdade de prensa, o papel vital dos xornalistas e a información crible e baseada en feitos.

A comisaria Mariya Gabriel resaltou: «Agora que se empezan a levantar as restricións en toda a UE, debemos ir máis aló das medidas de emerxencia, aprender da crise e crear futuros instrumentos máis flexibles, resistentes e mellor financiados. A Europa creativa, Horizonte Europa e a proposta Comunidade de Innovación do Coñecemento (CCI) sobre Industrias Culturais e Creativas terán que interactuar e reforzarse mutuamente para proporcionar máis financiamento e oportunidades ao sector. Neste sentido, necesitaranse ideas e solucións do sector e o mellor instrumento para iso é Creatives Unite, unha plataforma para e polo sector, que ofrece un espazo común en Europa e máis aló para compartir as súas iniciativas e accións en resposta á crise».

A ministra Obuljen Koržinek aproveitou a oportunidade para agradecer aos Estados membros a súa intensa e construtivo labor, que permitiu ultimar as Conclusións do Consello sobre a xestión de riscos no patrimonio cultural, as Conclusións do Consello sobre a alfabetización mediática nun mundo en constante evolución e as Conclusións do Consello polas que se modifica o Plan de Traballo para a Cultura (2019-2022). Estas Conclusións do Consello aprobaranse mediante un procedemento escrito.    

Por último, a secretaria de Estado de Cultura e Audiovisual de Alemaña, Monika Grütters, e a secretaria de Estado, Michelle Müntefering, presentaron as prioridades e o programa da próxima Presidencia alemá para o segundo semestre de 2020.

Fonte: Presidencia croata

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante