Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

26/03/2020

Voto urxente no Parlamento para destinar 37.000 millóns a responder á crise

4824F_1585226360_Imagen_votomedidasparlamento.jpg
Bruxelas, 26 de marzo de 2020. O pleno vota hoxe a medida que permitirá dedicar 37.000 millóns de euros dos fondos estructurais da UE para facer fronte á crise do coronavirus. A sesión plenaria extraordinaria que terá lugar hoxe, e que sustitúe á prevista para o 1 e 2 de abril, centrarase na tramitación urxente das medidas contra o COVID-19. A iniciativa de inversión fronte ao coronavirus é un dos puntos centrais da resposta comunitaria.

¿De onde procede a financiación?

A proposta da Comisión refírese aos fondos estructuris e de inversión europeos.

Máis da metade dos fondos da UE canalízanse a través dos cinco Fondos Estructurais e de Inversión Europeos (Fondos EIE), xestionados conxuntamente pola Comisión Europea e os países da UE. Todos esos fondos destínanse a invertir na creación de emprego e nunha economía e un medio ambiente europeos sostibles e saudables.

Os países da UE debían devolver casi 8.000 millóns de euros non utilizados do exercicio de 2019 neste contexto, que agora poderán conservar e dedicar a novos proxectos que mitiguen os efectos da crise do coronavirus.

Parte dos cartos para proxectos provén dos Estados membros, e o resto cofinánciase con fondos da UE. A parte dos custos cubertos polo orzamento da UE varía: se un proxecto refírese a unha rexión menos desenvolvida, a contribución da UE alcanza o 85% do monto total.

O diñeiro que os Estados membros poden conservar permitiralles cubrir a súa participación en proxectos por un monto moito maior, co resto dos fondos procedentes do orzamento da UE.

A Comisión calcula que os 8.000 millóns de euros poderían complementarse cuns 29.000 millóns de euros en cofinanciación da UE. Isto elevaría o total a 37.000 millóns de euros.

Consulte cantos fondos corresponden a cada país da UE.


O parlamento toma medidas urxentes

O Parlamento puxo en marcha o procedemento de tramitación de urxencia, que permite unha votación no pleno sen que se teña elaborado un informe parlamentario escrito previo ou sobre a base dun informe oral.

A proposta da Comisión, presentada o 13 de marzo, tamén ten que ser aprobada polo Consello da UE, onde están representados os Estados membros.

Na sesión plenaria, o Parlamento tamén votará outras medidas para abordar a crise do coronavirus, incluída unha proposta para permitir que os Estados membros soliciten apoio do Fondo de Solidaridade da UE en caso de crise de saúde pública.

Fonte: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante