Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

25/03/2020

A licitación da Comisión para garantir a subministración de equipos de protección individual na UE foi un éxito

4821F_1585151362_corona.JPG
A licitación conxunta para a adquisición de equipos de protección individual lanzada pola Comisión Europea para facer fronte á crise do coronavirus foi todo un éxito.

Bruxelas 24 de marzo de 2020. Os produtores presentaron ofertas que cobren, e nalgúns casos mesmo superan, as cantidades solicitadas polos Estados membros que participan na licitación, para cada un dos artigos solicitados. A licitación conxunta inclúe máscaras de tipo 2 e 3, luvas, lentes protectoras, pantallas faciais, máscaras cirúrxicas e monos.

Desta maneira dáse seguridade aos hospitais, os profesionais da sanidade, as residencias e as persoas que os necesitan, de que disporán do equipo necesario para protexelos do virus e limitar a súa propagación.

Este equipo debería estar dispoñible dúas semanas* despois de que os Estados membros asinen os contratos cos licitadores, o cal deberían facer con gran rapidez.

25 Estados membros participan nesta licitación conxunta. Están a avaliarse as ofertas e espérase asinar os contratos nos próximos días.

A licitación conxunta é unha maneira moi eficaz para que os Estados membros adquiran produtos nos mercados, xuntos, baixo a coordinación da Comisión Europea.

A licitación para a adquisición da maior parte dos equipos en cuestión púxose en marcha hai soamente unha semana, o 17 de marzo, mentres que o 28 de febreiro lanzouse inicialmente unha convocatoria para a adquisición de máscaras.

* En función das ofertas, da capacidade de produción das empresas e do prazo de entrega necesario, así como das especificacións dos contratos.

Fonte: Comisión Europea

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante