Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

17/05/2018

Apoio europeo ao ditame de Núñez Feijóo sobre o futuro da pesca en Europa

Apoio europeo ao ditame de Núñez Feijóo sobre o futuro da pesca en Europa.jpg
  • O Comité Europeo das Rexións aprobou en Bruxelas por unanimidade as propostas do presidente da Xunta de Galicia para o futuro do Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) despois de 2020
Bruxelas, 17 de maio de 2018.- A asemblea dos representantes rexionais e locais da Unión Europea dou luz verde ao ditame do presidente da Xunta de Galicia. Alberto Núñez Feijóo propón aumentar as partidas para políticas marítimas e pesqueiras dentro do orzamento europeo despois de 2020 e introducir un novo instrumento financeiro dirixido ás pequenas comunidades costeiras que proporcione capital risco e garantías bancarias para préstamos. O Fondo Europeo Marítimo e de Pesca (FEMP) é o principal instrumento financeiro da política pesqueira da Unión e suma 6.396 millóns de euros, ao redor do 0.58% do orzamento europeo. Con 1.161 millóns de euros, España foi o primeiro  pais beneficiario do fondo FEMP durante o actual período orzamentario 2014-2020 (Parlamento Europeo, Xuño 2017). 

Coas negociacións sobre o próximo marco financeiro plurianual (MFP) ben establecidas e fronte á persistente incerteza do impacto que terá a saída do Reino Unido da  Union Europea, as cidades e as rexións posicionáronse para defender un aumento das partidas destinadas a pesca e asuntos marítimos no futuro orzamento da  Union Europea para despois de 2020. 

Os membros do  CDR apoian a Núñez Feijóo para que o novo Fondo alcance un limiar mínimo do 1% do orzamento europeo para despois de 2020 cando actualmente unicamente alcanza o 0.6%. 

O presidente  galego e relator Alberto Núñez Feijóo declarou: ´Necesitamos un novo instrumento financeiro dirixido ás pequenas comunidades costeiras baseado nunha xestión compartida e que dea apoio á creación de novas iniciativas empresariais que sustenten a substitución xeracional e permitan a diversificación da industria pesqueira ao mesmo tempo que preservamos o seu carácter tradicional.´ 

Membro do  CDR desde que chegou á presidencia da Xunta en abril do 2009, Núñez Feijóo insiste na necesidade de que o novo instrumento ´contribúa á mellora da sustentabilidade ambiental da actividade marítimo-pesqueira, o marisqueo, a acuicultura e a cadea mar-industria.´

Os membros do  CDR apoian ao presidente do executivo galego nos seguintes puntos crave: 
  • Manter o apoio ás medidas de compensación para a frota polos prexuízos socioeconómicos derivados da adopción de medidas ambientais como vedas, paradas temporais e outras accións que limitan a actividade pesqueira 
  • O apoio público directo en forma de subvención é a mellor opción para as empresas pesqueiras. 
  • Incrementar, nun mínimo do 10 %, o esforzo adicado a investigación aplicada e á sistematización de datos 
  • Apoiar a renovación da frota pesqueira mellorando a habitabilidade co fin de evitar os prexuízos do seu envellecemento. A media de idade dos buques pesqueiros na UE sitúase en 22,6 anos. 
  • Consecución dunha adecuada substitución xeracional a través dun apoio orzamentario á formación e ao acceso á actividade mediante a compra de buques sen xerar un aumento do esforzo pesqueiro.
  • Simplificación da aplicación para a obtención de fondos FEMP, cunha adaptación por concas e rexións e a través dunha solicitude manexable por unha soa entidade.
O impacto socioeconómico da actividade marítimo-pesqueira en moitas rexións costeiras é moi significativo. O sector aglutina a máis de 85.000 embarcacións, dá traballo a máis de 340.000 persoas en toda a súa cadea e move máis de 6.000.000 de toneladas de peixe e marisco procedentes das actividades extractivas e de cultivo.

Os membros do  CDR alertan da baixa cifra de execución global do Fondo, cifrada nun 2,7 % en novembro de 2017 e dos problemas derivados da aplicación da Política de Pesca Común, tales como a  minoración de descartes ou o alcance do rendemento máximo sustentable.

Os representantes locais e rexionais lamentan a tardía posta en vigor do Fondo e o atraso na disposición dos fondos e a súa aplicación e consideran que este atraso ten a súa orixe na aprobación demorada do Fondo, no lento proceso de validación dos programas operativos e na confusa e difusa definición dos aspectos  financiables.

As cidades e rexións europeas tamén advirten ás institucións europeas de que a decisión do Reino Unido de abandonar a UE non debe utilizarse como pretexto para recortar o financiamento futuro do FEMP.



© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante