Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

27/04/2018

Aberto o prazo de candidaturas da 3ª edición dos Premios Proxectos Atlánticos que entregarán en outubro en Vigo

Premios Proxectos Atlánticos.jpg
  • Vigo acollerá os días 23 e 24 de outubro a 5ª Conferencia Anual da Plataforma de Actores Atlánticos. 
  • A temática desta nova edición é “A economía azul na área atlántica: fomento de postos de traballo sostibles, competencias competitivas e carreira profesional”. 
  • Ata o 21 de maio pódense propoñer seminarios dentro do programa e tamén presentar candidaturas aos premios Proxectos Atlánticos. 
Bruselas, 27 de abril de 2018. A 5ª Conferencia da Plataforma de Actores Atlánticos celebrarase en Vigo os días 23 e 24 de outubro baixo a temática “A economía azul na área atlántica: fomento de postos de traballo sostibles, competencias competitivas e carreira profesional”. Ata o 21 de maio está aberto o prazo para propoñer seminarios e talleres como parte do programa do evento e tamén para presentar as candidaturas aos Premios Proxectos Atlánticos

Galicia, ademais de anfitrioa, estará presente na conferencia a través do Consello Económico e Social de Galicia (CES), que ocupa unha vicepresidencia na Rede Transnacional Atlántica (RTA), colaborando no seguimento sobre o grao de execución e problemas que afectan os socios da rede.

Premios Proxectos Atlánticos
Os Premios Proxectos Atlánticos creáronse en 2016 como recoñecemento a historias de éxito relevantes froito de proxectos que se levan a cabo na zona xeográfica que cubre la Estratexia Atlántica y que están relacionados coa aplicación do Plan de Acción do Atlántico. 

Estes galardóns darán a coñecer aos ganadores individuais e, á súa vez, porán de releve á incorporación e o incremento de prácticas recomendables a nivel rexional e nacional, así coma o fomento das principais prioridades da Estratexia Atlántica.

Na edición do 2018 os premios contarán coas seguintes categorías:
• Espírito empresarial e innovación;
• Medio ambiente mariño e costeiro do Atlántico;
• Accesibilidade e conectividade;
• Sustentabilidade;
• Cooperación internacional

De cara á presentación de candidaturas, o equipo de soporte da Estratexia Atlántica pode proporcionar información adicional e asistencia para a presentación de proxectos a través del servicio de asistencia técnica.

Plan de Acción do Atlántico 
A Comisión Europea adoptou o Plan de Acción do Atlántico en marzo de 2013 para revitalizar as economías mariñas e marítimas de Francia, Irlanda, Portugal, España e o Reino Unido.
 Os obxectivos do Plan de Acción do Atlántico son acordes coa iniciativa de ”Crecemento azul” da UE, que é a contribución marítima para conseguir os obxectivos da Estratexia Europea 2020 para un crecemento intelixente, sustentable e inclusivo.


© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante