Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

16/06/2020

O Grupo BEI e Banco Sabadell facilitan 576 millóns para apoiar a acción climática

5015F_1592335965_EaoX_2iWoAErt1T.jpg
  • Recuperación verde: parte dos fondos destinaranse a investimentos que fomenten a acción climática
  • O proxecto conta co apoio do Plan de Investimentos para Europa
Bruxelas, 16 de xuño de 2020. O Grupo Banco Europeo de Investimentos, BEI, e Banco Sabadell, unen as súas forzas para apoiar ás pequenas e medianas empresas, as máis afectadas o impacto económico do COVID-19. Con este obxectivo, o Grupo BEI, a través do Fondo Europeo de Investimentos (FEI), a súa filial especializada en capital risco para pemes, outorgou a Banco Sabadell unha garantía de 96 millóns de euros sobre unha carteira de préstamos titulizada, o que permitirá á entidade española aumentar a súa capacidade de préstamo para ofrecer 576 millóns de euros de financiamento para proxectos de empresas españolas, fundamentalmente autónomos, pemes e midcaps.

O acordo inclúe o compromiso de destinar parte do novo financiamento de Banco Sabadell a investimentos que fomenten a acción climática, fundamental para impulsar unha recuperación verde tras a pandemia. En concreto, financiaranse proxectos centrados en mellorar a eficiencia enerxética das empresas, impulsar as enerxías renovables, a rehabilitación de edificios comerciais para reducir o consumo de enerxía, e investimentos para a adquisición de vehículos comerciais de baixas emisións e de equipamento agrícola cun baixo consumo de combustible e alto compoñente ecolóxico.

O acordo asinouse baixo o marco do Plan de Investimentos para Europa. O seu apoio permite ao Grupo BEI incrementar a súa capacidade para financiar proxectos de investimento que, que pola súa estrutura ou natureza teñen un perfil de risco máis elevado. Estímase que esta operación permitirá apoiar a máis de 1.400 empresas que empregan a uns 79.000 traballadores.  A operación contou co asesoramento de Unicredit.

Sobre este acordo, a vicepresidenta do BEI, Emma Navarro, responsable da actividade do banco da UE en España, asegurou: «Apoiar ás pemes e promover investimentos verdes son dous eixos fundamentais da resposta do Grupo BEI para impulsar a recuperación económica tras o Coronavirus. Por iso comprácenos asinar este novo acordo con Sabadell que nos permitirá facer chegar as vantaxes do noso financiamento ás pequenas e medianas empresas españolas nun momento extraordinariamente difícil, e ao mesmo tempo fomentar o desenvolvemento de proxectos limpos que contribúan á transición cara a unha economía baixa en carbono».

O vicepresidente executivo da Comisión Europea para unha Economía ao Servizo das Persoas, Valdis Dombrovskis, sinalou o seguinte: «A Comisión e o Grupo Banco Europeo de Investimentos traballamos xuntos para apoiar a recuperación económica tras a crise do coronavirus. Canto máis protexamos agora ás nosas empresas e empregos, máis rápido volverá o crecemento. Ademais do apoio a Pemes, compráceme que unha parte do financiamento sexa destinada a proxectos "verdes" como as enerxías renovables ou a rehabilitación de edificios comerciais para reducir o seu consumo enerxético. O Pacto Verde Europeo debe ser o centro da nosa estratexia.»

O director xeral de Sabadell España, Carlos Ventura, valorou o acordo: «É o momento das empresas, de reactivar o pulso perdido despois do parón económico e de apostar decididamente pola economía sustentable, por iso este acordo co BEI é unha ferramenta moi importante para o proceso de recuperación. Estamos moi contentos de que a nosa relación con esta institución teña continuidade histórica, porque é unha relación en beneficio da economía do noso país». Ademais, Ventura destacou a variedade dos destinos destas liñas de financiamento: «Estamos a facilitar liquidez a sectores tan diversos como o agrario, os vehículos comerciais ou as empresas innovadoras e de nova creación».

Resposta do BEI fronte ao COVID-19

O Grupo BEI desempeña un papel fundamental na loita directa contra o COVID-19, apoiando os esforzos europeos para frear a propagación da pandemia, atopar un tratamento para curar a enfermidade e desenvolver unha vacina. Para iso, o banco da Unión Europea está a dar prioridade a todos aqueles investimentos relacionados co sector saúde e programas de investigación e desenvolvemento centrados neste obxectivo. A actual carteira de proxectos do BEI para apoiar tanto infraestruturas sanitarias críticas como investimentos en I+D no sector da saúde na UE ascende a uns 6.000 millóns de euros. Ademais, o BEI e a Organización Mundial da saúde asinaron recentemente un acordo para impulsar a cooperación entre ambas as institucións e traballar xuntos co obxectivo de fortalecer os sistemas de saúde pública dos países máis vulnerables á pandemia.

Para facer fronte ao impacto económico desta crise en Europa e dentro do conxunto de medidas coas que a UE está a responder aos efectos económica da pandemia, o pasado 23 de abril o Consello Europeo aprobou a creación por parte do Grupo BEI dun fondo de garantía paneuropeo COVID-19 de 25.000 millóns de euros que se centrará principalmente en apoiar ás pequenas e medianas empresas de toda a UE. Estímase que o fondo permitiría mobilizar até 200.000 millóns de euros de financiamento adicional

Ao mesmo tempo, o Grupo BEI está reorientado a súa actividade para responder as necesidades de financiamento provocadas polo COVID-19 e poder ofrecer axuda inmediata ás empresas europeas. O pasado mes de marzo o Grupo BEI anunciou un conxunto de medidas de emerxencia con este obxectivo.  Baixo este primeiro paquete de resposta, o BEI ofrece un programa de compra de bonos de titulización de activos (ABS) para permitir aos bancos transferir ao BEI o risco das súas carteiras de préstamos para pemes, co obxectivo de mobilizar 10.000 millóns de euros. Ademais, o Banco da UE está a adaptar os instrumentos financeiros existentes compartidos coa Comisión Europea para mobilizar até 10.000 millóns de euros de financiamento adicional para as pemes e midcaps europeas. Pola súa banda, o FEI, filial do Grupo BEI especializada en capital risco, está a ofrecer garantías específicas a intermediarios financeiros, apoiadas pola UE que axudarán a mobilizar até 8.000 millóns de euros. Adicionalmente, o BEI adoptou medidas extraordinarias para acelerar os seus procesos e flexibilizar as súas políticas internas co obxectivo, entre outros, de despregar o seu apoio o máis rápido posible e de financiar custos que non financiaría en condicións normais, como os gastos correntes das empresas europeas.

Pode atopar información máis detallada sobre o apoio proposto polo BEI e o FEI no seguinte sitio web: www.eib.org/covid-19

Fonte: Banco Europeo de Investimentos

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante