Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Traballo e prácticas na UE

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

06/02/2018

O PE aproba novas normas para acelerar o recorte das emisións industriais de CO2

©AP Images/European Union-EP
  • Redución dos dereitos de emisión dispoñibles para incentivar o investimento en tecnoloxías menos contaminantes
  • Dous novos fondos para proxectos de baixa emisión de carbono
  • Progreso cara aos compromisos asumidos en París
Bruxelas, 6 de febreiro de 2018. O PE aprobou o martes novas normas para acelerar o recorte das emisións industriais de CO2 e avanzar así cara aos obxectivos asumidos pola UE no marco do acordo de París.

A lexislación, xa acordada informalmente polo Parlamento e os Estados membros, intensifica o ritmo de redución dos dereitos de emisión dispoñibles no ?mercado do carbón? do sistema europeo de comercio de emisións (ETS, polas súas siglas en inglés). O mercado ETS cobre ao redor do 40% das emisións de gases de efecto invernadoiro da UE.

A lei establece, entre outros cambios:
  • un incremento da redución anual da cota de dereitos de emisión colocados no mercado (o chamado ?factor lineal de redución?), ata o 2,2 % a partir de 2021, por encima do 1,74 % planeado ata agora. Ademais, a cifra será reevaluada, con intención de volver elevala en para 2024.
  • duplicar a capacidade da reserva de estabilidade do mercado ETS para absorber o exceso de dereitos de emisión no mercado. Unha vez activada, absorbería ata un 24 % dos dereitos de emisións en exceso en cada exercicio, durante o catro primeiros anos. Así, aumentará o prezo dos dereitos e incentivarase o recorte das emisións.
Dous fondos para fomentar a innovación e estimular a transición cara a unha economía menos contaminante 

O texto prevé a creación dun fondo de modernización para axudar a actualizar os sistemas enerxéticos nos países da UE de menor renda. Os europarlamentarios endureceron as normas de financiamento para evitar o seu uso para proxectos de carbón, exceptuando a calefacción urbana nos países con menos recursos.

Ademais, porase en marcha un fondo de innovación para apoiar as enerxías renovables, a captura e o almacenamento de carbono e os proxectos de innovación de baixa emisión de carbono. 

Protección contra a ”fuga de carbono”

A lei tamén busca evitar a denominada ”fuga de carbono”, cando as empresas trasladan a súa produción fóra de Europa debido ás esixencias en materia de redución das emisións. Os sectores con maior risco recibirán os seus dereitos de emisións de forma gratuíta. Outros sectores menos afectados recibirán gratis o 30%.

 Declaración da relatora 

Julie Girling (ECR, Reino Unido), que liderou a tramitación do texto no PE, dixo: ?o sistema ETS é a pedra angular da política comunitaria de loita contra o cambio climático. Fixemos o posible por lograr un acordo ambicioso. O ETS ten moitos detractores. Resolvemos moitos problemas, desde un prezo demasiado baixo para o carbono ao difícil equilibrio entre os obxectivos ambientais e a protección da industria europea?.

Próximos pasos
O texto aprobouse con 535 votos favorables, 104 en contra e 39 abstencións. Agora volverá ao Consello para a súa adopción formal antes de publicarse no Diario Oficial da UE.

Fonte: Parlamento Europeo

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Aviso legalPerfil de contratante