Subscríbete!

Se queres recibir a actualidade da UE no teu correo: noticias, convocatorias, procura de socios...

Preme Aquí


Axenda FGE

Aluguer de sala

Transparencia

Convocatorias UE



Síguenos en Twitter Síguenos en Facebook Síguenos en linkedin

19/05/2020

O EIT lanza unha iniciativa de 60 millóns de euros en resposta á crise

4953F_1589899927_Financiamento_EIT.jpg
O Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT) vén de anunciar o lanzamento da Iniciativa do EIT en resposta á crise (EIT Crisis Response Initiative), que mobilizará un fondo adicional de 60 millóns de euros destinado a innovadores que desenvolvan solucións de alto impacto para afrontar o impacto social e económico da actual crise sanitaria.

Bruxelas, 19 de maio de 2020- A nova iniciativa do EIT inclúe dúas vías de actuación que serán postas en marcha polas comunidades de innovación e coñecemento (Knowledge and Innovation Communities-KIC) coas que conta o EIT en toda Europa:

  • Instrumento de apoio a empresas: as empresas de nova creación, as empresas en expansión e as pemes sofren enormemente o impacto da crise sanitaria, que provocou un freo no investimento e problemas de liquidez. O apoio adicional do EIT (financiamento, redes e asistencia técnica) axudará ás empresas máis innovadoras a superar os imprevistos derivados da crise e acelerar o seu crecemento. 
  • Proxectos en resposta á pandemia: o ecosistema do EIT é áxil e mobilizará ós innovadores para afrontar o impacto da crise, tanto no que respecta ós problemas sanitarios inmediatos como ás respostas máis amplas que sexan precisas. 
O fondo de 60 millóns de euros impulsará a innovación nos ámbitos da saúde, o cambio climático, a dixitalización, a alimentación, a enerxía sostible, a mobilidade urbana, a industria e as materias primas

Para a efectiva distribución deste fondos, cada unha das KIC presentará unha carteira de actividades que poderían levarse a cabo no ámbito da aplicación da Iniciativa en resposta á crise. Entre elas, propostas para o Instrumento de apoio a empresas do EIT, así como para Proxectos de resposta á pandemia. O EIT avaliará as propostas das KIC mediante un procedemento de vía rápida e presentarase a lista final ó consello de administración do EIT para que este decida. O importe do financiamento concedido a cada KIC dependerá da calidade e a pertinencia das propostas presentadas

As oito comunidades de innovación e coñecemento organizarán as convocatorias para emprendedores e innovadores no marco da Iniciativa en resposta á crise do EIT. Estas serán publicadas nas súas respectivas páxinas web, así como na páxina web do EIT, na súas seccións COVID-19 e opotunidades.  



Fonte: Instituto Europeo de Innovación e Tecnoloxía (EIT)

Sello AYS Innova entidad adaptada

© Fundación Galicia Europa

Inicio Contacto Mapa Web Política de privacidad Política de Cookies Perfil de contratante